Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OA1.- Familiarizar ao alumnado coa problemática da crítica da arte (percepción estética, criterios estéticos, xuízo de gusto etc.)/ etc.).
OA2.- Situar ao alumnado na peculiar articulación de “estética” como “teoría(s) das artes”
OA3.- Introducir ao alumnado nos problemas relativos á consideración da arte (especialmente no horizonte da arte contemporánea).
OA4.- Familiarizar ao alumnado coa problemática social da arte moderno e contemporáneo, con especial atención ás cuestións relativas ás condicións de creación, difusión e reprodución da obra de arte.
TEMA 1. A Estética filosófica como Teoría da Artes
A) Esencia e valor da arte
B) Problemas fundamentais da definición da arte (contemporánea).
C) A actualidade do belo e a morte da arte na cultura contemporánea
D) As linguaxes da arte
TEMA 2. Teorías das artes
A) Teoría esteticista
B) Teoría fenomenológica
C) Teoría crítica
D) Teoría hermenéutica
TEMA 3. A Estética Aplicada
A) Da Arte ás artes.
B) Do problema do Gusto á "crítica de arte"
BASICA
WILDE, Ó.: El crítico como artista.
DUFRENNE, M.: Fenomenología de la experiencia estética (2 vols.)
SCHAEFFER, J-M.: Adiós a la estética
DICKIE, G.: El círculo del arte
DANTO, A.: ¿Qué es el arte? / Tolstoi, L.: ¿Qué es el arte?
COMPLEMENTARIA
Tema 1
BARCIA GONZÁLEZ, Fco. Javier: “O paradoxo da crise estética: un novo desafío para a arte do noso tempo”, en Barcia Glez, Fco. J. et al. (eds.): Desafíos do século XXI: Actas do VI Simposio Internacional Luso-Galaico de Filosofía, Servizo de Publicacións da USC, 2007.
BAUDRILLARD, J.: El complot del arte
BENJAMIN, Walter: La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica Ediciones Godot, 2019.
DANTO, Arthur: ¿Qué es el arte?, Paidós, Barcelona 2013.
DANTO, Arthur; El abuso de la belleza, Paidós, Barcelona 2005.
ECO, U. Obra abierta / ECO, U.: Estructura ausente
GADAMER, G.: La actualidad de lo bello, Paidós, Barcelona, 1991.
GOODMAN, Nelson: Los Lenguajes del arte: aproximación a la teoría de los símbolos, Seix Barral, Barcelona, 1976.
JIMÉNEZ, J.: Imágenes del hombre. Fundamentos de estética. Tecnos, Madrid, 1986.
KANDINSKY: De lo espiritual en el arte.
MONDRIAN, P.: Realidad natural y realidad abstracta
ORTEGA Y GASSET, J.: La deshumanización del arte, Alianza, Madrid, 1983.
SCHAEFFER, Jean-Marie: Adiós a la estética, Paidós, Barcelona, 2005.
Tema 2:
PATER, W.: El estilo.
ADORNO, Th.: Teoría estética, Taurus, Madrid, 1980.
AGÍS VILLAVERDE, M. Historia de la Hermenéutica. Devenir y actualidad de la Filosofía de la interpretación, Ed. Sindéresis, Madrid 2020.
BARCIA GONZÁLEZ, Fco. Javier: “A perspectiva fenomenolóxica do obxecto estético: a visión de Mikel Dufrenne”, en AGÍS VILLAVERDE, M. et al. (coords.) Mª Luz Pintos, fenomenóloga: liber amicorum, Hércules Edicións/SIFA, A Coruña, Santiago de Compostela, 2021.
DUFRENNE, M.: Fenomenología de la Experiencia Estética, Fernando Torres Editor, Valencia, 1983.
GADAMER, H. G. Hermenéutica, estética e historia (antología), Salamanca, Sígueme, 2022(3).
OCAMPO, E.: Teorías del arte, Icaria, Barcelona, 1998.
Tema 3:
BENJAMIN, Walter: La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica Ediciones Godot, 2019.
DANTO, Arthur: Después del fin del arte, Paidós, Barcelona, 1992.
HUIZINGA, J.: Homo ludens, Alianza, Madrid, 1972.
GENETTE, Gérard: La obra del arte (2 vols.), Lumen, Barcelona, 1997.
HUME: La norma del gusto
KANT, I.: Crítica del juicio, Espasa Calpe, Madrid, 1977.
SOURIAU, É.: La correspondencia de las artes.
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas
doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas
investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel
xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía,
tanto a un público xeral como interesado e/o entendido en temáticas filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/o noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser
abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e
sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos
culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.
Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta #ante novas situacións.
Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial
sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia
e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividad, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/o adversos.
Esta materia está orientada, dado o seu carácter optativo e que é xa de cuarto curso, á formación máis práctica do alumnado na Estética comparada e a crítica de arte.
A didáctica da materia baséase nun aprendizaxe cooperativo centrado en problemas e orientado á capacidade para o análise e desenvolvemento de problemas estéticos a través da escritura e presentación oral de traballos nos que se apliquen conceptos fundamentais das distintas teorías da arte e se realice a crítica de arte.
Nas aulas expositivas, desenvolveránse os contidos do programa con base á selección bibliográfica.
Nas aulas interactivas, presentaránse oralmente e baixo a modalidade de traballo en grupos: (i) a problemática fundamental de conceptos nucleares da materia; (ii) os comentarios de lecturas específicas propostas; (iii) as críticas de arte de diferentes obras; (iv) a teoría da arte dun autor seleccionado.
1.- Avaliación continua: Terá dereito á avaliación continua da materia oalumnado que asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas e por tanto realice as actividades que lle sexan encomendadas. A asistencia, por si mesma, non ten porcentaxe de avaliación, pero sí obviamente aquelas actividades que se fagan presencialmente en todas e cada unha das sesións do curso. Contemplaranse as indicacións do SEPIU.
Para a avaliación continua terase en conta:
(i) a exposición da problemática fundamental dalgúns conceptos nucleares da materia (10%);
(ii) a exposición e comentarios de lecturas específicas propostas (20%);
(iii) a exposición de críticas de arte de diferentes obras (40%)
(iv) a exposición da teoría da arte dun autor seleccionado (30%)
2.- Examen final. Para o alumnado con dispensa de asistencia e para o alumnado que non supere a avaliación continua. (100%)
O tempo de traballo estimado para esta materia de 4,5 créditos é de 112,50 horas, distribuídas do seguinte xeito:
Traballo presencial na aula
Aulas expositivas: 18 h.
Aulas interactivas: 18 h.
Titorías: 2.25 h.
Total: 38.25 horas
Traballo persoal do alumnado
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.): 34.25 h.
Traballos escritos: 40 h.
Total: 74.25 h.
- Asistir regularmente ás aulas expositivas e interactivas dada a natureza aplicada e participativa da metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe da materia.
- Participar activamente na lectura dos textos e debates que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
- Realizar os exercicios de comentarios de textos nas clases.
- Obrigatoriedade de uso da conta oficial de correo rai.
- Olbrigatoriedade do emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams, etc.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que se deriven dun emprego non adecuado do mesmo.
- Conforme á lei de propiedade intelectual e de imaxen, non se permite a grabación (nin de imaxen nin de son) das sesións, así como tampoco a súa difusión.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Será de rigorosa aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Francisco Javier Barcia Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812513
- Correo electrónico
- j.barcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Venres | |||
---|---|---|---|
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
29.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
29.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
06.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
06.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |