Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Interactiva: 5.5 Total: 19.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias, Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, Economía Aplicada
Áreas: Microbioloxía, Química Analítica, Tecnoloxía de Alimentos, Xenética, Produción Animal, Enxeñaría Agroforestal, Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, Produción Vexetal, Proxectos de Enxeñaría, Economía Aplicada, Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dotar ó alumno da capacidade para traballar de forma autónoma, con rigor e criterio. Dar a coñecer e aprender a aplicar a lexislación, regulamentos e normativas legais en vigor que sexan de aplicación en virtude dos contidos dos estudos de máster. Ao finalizar o seu TFM o alumno debe poder facer crítica dos éxitos, os erros e resultados propios, así como responsabilizarse en adquirir e transmitir coñecementos. Así mesmo ha de poder expresarse correctamente na terminoloxía propia da enxeñaría agronómica.
Os contidos do traballo fin de máster (TFM) estarán dentro do ámbito profesional do Enxeñeiro Agrónomo. Para determinar a procedencia dunha temática a desenvolver como TFM, o estudante deberá presentar unha proposta seguindo un formulario normalizado ante a comisión de seguimento de TFM da titulación (http://www.usc.es/es/centros/eps/titulacions.html?plan=15081&estudio=15…). Unha vez obtida a aprobación da proposta, o TFM poderá ser elaborado e presentado para o seu defensa. O regulamento do TFM da EPS (https://www.usc.gal/gl/centro/escola-politecnica-superior-enxenaria/tfm) define varios aspectos relativos ao TFM.
No caso de querer obter unha especialidade, a temática do TFM debe estar relacionado coa especialidade elixida.
Bibliografía básica e complementaria
Variable en función da tipoloxía de traballo a abordar.
Comp28. CE21 - Realización, presentación e defensa, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudios, dun exercicio orixinal realizado individualmente ante un tribunal universitario consistente nun proxecto integral de Enxeñaría Agronómica de natureza profesional no que se sinteticen as competencias adquiridas nas ensinanzas TIPO: Competencias
Comp30. CEAI01 – Coñecementos acaídos e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en abastecemento e depuración de augas TIPO: Competencias
Comp31. CEAI02 - Coñecementos acaídos e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en dirección de proxectos. TIPO: Competencias
Comp32. CEAI03 - Coñecementos acaídos e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en enerxías renovables. TIPO: Competencias
Comp33. CEAI04 - Coñecementos acaídos e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na enxeñaría da madeira estrutural. TIPO: Competencia
Con05. 5.1. - Completo coñecementos das técnicas aplicables e métodos de análise, proxecto e investigación e das súas limitacións. TIPO: Coñecementos ou contidos
Con06. 5.3. - Completo coñecemento de aplicación de materiais, equipos e ferramentas, tecnoloxía e procesos de enxeñaría e das súas limitacións. TIPO: Coñecementos ou contidos
Con07. 5.5. - Coñecemento e comprensión das implicacións sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicas e industriais da práctica da enxeñaría. TIPO: Coñecementos ou contidos
H/D01. 2.1. - Capacidade para analizar novos e complexos produtos, procesos e sistemas de enxeñaría dentro dun contexto multidisciplinar mais amplo; seleccionar e aplicar os métodos mais adecuados de análise, de cálculo e experimentais xa establecidos, así como métodos innovadores e interpretar de forma crítica os resultados de ditos análises. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D03. 2.3. - Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría definidos de forma incompleta, e/i en conflito, que admitan diferentes solucións válidas, que requira considerar coñecementos mais alá dos propios da súa disciplina e ter en conta as implicacións sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicas e industriais; seleccionar e aplicar os métodos mais adecuados de análise, de cálculo e experimentais, así como os mai innovadores para a resolución de problemas. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D05. 3.1 - Capacidade para proxectar, desenvolver e deseñar novos produtos complexos (pezas, compoñentes, produtos acabados, etc.), procesos e sistemas con especificacións definidas de forma incompleta, e/ou conflito, que requiren a integración de coñecementos de diferentes disciplinas e considerar os aspectos sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicos e industriais; seleccionar e aplicar as metodoloxías apropiadas ou utilizar a creatividade para desenvolver novas metodoloxías de proxecto. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D06. 3.2 - Capacidade para proxectar aplicando o coñecemento e a comprensión de vangarda da súa especialidade de enxeñaría. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D07. 4.1. - Capacidade para identificar, encontrar e obter os datos requiridos. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D09. 4.3. - Capacidade para consultar e aplicar códigos de boas prácticas e de seguridade de enxeñaría TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D12. 5.2. - Competencias prácticas, como o uso de ferramentas informáticas para resolver problemas complexos, realizar proxectos de enxeñaría complexos e deseñar e dirixir investigacións complexas. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D14. 6.1. - Capacidade para integrar coñecementos e manexar conceptos complexos, para formular xuízos con información limitada ou incompleta, que inclúa reflexión sobre responsabilidade ética e social relacionada coa aplicación do seu coñecemento e opinión. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D15. 6.2. - Capacidade para xestionar complexas actividades técnicas ou profesionais ou proxectos que requiren novos enfoques de aproximación, asumindo a responsabilidade das decisións adoptadas. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D16. 7.1. - Capacidade para utilizar distintos métodos para comunicar as súas conclusións, de forma clara e sen ambigüidades, e o coñecemento e os fundamentos lóxicos que as sustentan, a audiencias especializadas e non especializadas co el tema, en contextos nacionais e internacionais. TIPO: Habilidades ou destrezas.
H/D17. 7.2. - Capacidade para funcionar eficazmente en contextos nacionais como membro ou líder dun equipo que poda estar formado por persoas de distintas disciplinas e niveis, e que podan utilizar ferramentas de comunicación virtual. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D18. 8.1. - Capacidade para acometer a formación continua propia de forma independente. TIPO: Habilidades ou destrezas
A metodoloxía docente a utilizar será a docencia interactiva personalizada co fin de atender as necesidades específicas de cada traballo fin de máster que, en cumprimento dos requisitos que afectan á profesión regulada de Enxeñeiro Agrónomo, deberá de ser un exercicio orixinal e individual.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
A avaliación do Traballo Fin de Máster, para todas as convocatorias, realizarase sobre a base dunha rúbrica, que pode consultarse no link https://www.usc.gal/gl/centro/escola-politecnica-superior-enxenaria/tfm, na ventá “rúbricas avaliación”. As competencias a avaliar serán: CE21, CEAI01, CEAI02, CEAI03, CEAI04, Con05, Con06, Con07, H/D01, H/D03, H/D05, H/D06, H/D07, H/D09, H/D12, H/D14, H/D15, H/D16, H/D17 e H/D18.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
O sistema de avaliación será o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), acorde ao establecido no epígrafe “Sistema de avaliación e Aprendizaxe” coa única diferencia de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente na aula ou ben en remoto mediante os medios telemáticos dispoñibles na USC.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que para aprobar a materia deberán ser avaliados nas condicións indicadas anteriormente.
O alumno, xunto coa proposta entregará un cronograma no que se detallasen as actuacións a cometer, así como a súa distribución temporal, de forma que se xustifiquen as horas de traballo persoal necesarias para superar o TFM, 275 horas.
Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.