Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Poñer a disposición do estudantado as ferramentas básicas da análise económica aplicadas aos espazos protexidos e á protección do ambiente.
Ofrecer unha perspectiva sobre os fundamentos dos instrumentos de política económica aplicados á protección ambiental.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Ecofunción e servizos ambientais dos espazos naturais protexidos. Criterios de valoración económica de servizos de activos ambientais aplicados aos espazos naturais protexidos. Instrumentos económicos para a conservación ambiental e a gobernanza dos socio-ecosistemas.
Que se desenvolven a traveso do seguinte programa:
Tema 1. Ecofunción e servizos ambientais dos espazos naturais protexidos. (7 horas presenciais)
Tema 2. Criterios de valoración económica de activos ambientais aplicados aos espazos naturais protexidos. (7 horas presenciais)
2.1 Valor Económico Total
2.2 Métodos de Valoración de mercado e de non mercado.
Temas 3. Instrumentos económicos para a conservación ambiental (7 horas presenciais)
Programa práctico (horas interactivas 12):
1. Disertación: desenvolvemento sustentable
2. Identificación de servizos ecosistémicos
3. Análise do texto Hardin (1968), " The tragedy of commons".
4. Resolución de problemas: análise custo-beneficio.
5. Disertación: instrumentos de política ambiental.
6. Métodos de valoración ambiental
-Common, M. y Stagl, S. 2019. Introducción a la economía ecológica. Barcelona: Reverté.
-Labandeira, X. et al. 2006. Economia Ambiental. Madrid: Pearson.
-Ministerio de Medio Rural y Marino (2011): Revista de estudios agrosociales y pesqueros. Nº 228, vol 1.
-Martinez-Alier, J., & Muradian, R. (Eds.). (2015). Handbook of ecological economics. Edward Elgar Publishing.
Complementaria:
-Bermejo, R. 1994. Manual para una economía ecológica. Madrid: Los libros de la catarata.
-Constanza ,R. et al. (2014) “Changes in the global value of ecosystem services” in Global Environmental Change, 26, 152-158
-Daly, H. E. (1990). Toward some operational principles of sustainable development. Ecological economics, 2(1), 1-6.
-De Groot, R.S. et al (2010): Challenges in integrating the concept of ecosystem services and values in landscape planning, management and decision making. In Ecological Complexity, 7, 260-272.
-Hardin, Garrett. "The tragedy of the commons." science 162.3859 (1968): 1243-1248.
-Martinez de Anguita (2004): Economía Ambiental y ordenación del territorio" Ecosistemas, nº 1 vol. 13
-Martínez-Alier, J., Pascual, U., Vivien, F. D., & Zaccai, E. (2010). Sustainable de-growth: Mapping the context, criticisms and future prospects of an emergent paradigm. Ecological economics, 69(9), 1741-1747.
-Naredo, J.M. Sostenibilidad, diversidad y movilidad horizontal en los modelos de uso del territorio. En http://habitat.aq.upm.es/cs/p2/a006.html
-Prada Blanco, A. (dir.) (2001): Valoración económica del patrimonio natural. Instituto de Estudios Económicos. Fundación Pedro Barrié de la Maza
Quen supere esta asignatura, coñecerá:
- COM4-09: As ferramentas básicas da análise económica aplicables aos espazos protexidos e a protección do ambiente.
- COM4-10: Os instrumentos de política económica aplicados á protección ambiental.
Ademáis, será capaz de:
- HAM4-05: Valorar dende unha perspectiva social e económica os servizos ambientais dos espazos protexidos.
Esta materia contribuirá a que o estudantado adquira a competencia da especialidade:
- CEM4-01: Capacidade para deseñar actuacións de planificación e conservación de espazos protexidos no seu contexto social, coa perspectiva da xestión de ecosistemas e os servizos ambientais, desenvolvidas nun escenario de cambio global e sostenibilidade.
Docencia presencial:
Clases teóricas
A profesora a traveso de clases maxistrais participativas explicará os contidos básicos da materia. O alumnado participará con preguntas e opinións en sesións de discusión activa. Competencias a traballar: COM4-09, COM4-10, CEM4-01, HAM4-05.
Clases prácticas
A docente proporá un texto sobre o que traballar un determinado tema ou boletíns de exercicios.O alumnado, previa lectura do texto, participará no debate na aula sobre ese texto e realizará os exercicios propostos.
Competencias a traballar: HAM4-05, CEM4,01, COM4-09.
O Grupo de Innovación Educativa Ruralia organizará dúas xornadas de debate de dúas horas de duración cada unha, nas que se reflexionará sobre os problemas e a situación actual do medio rural galego no que se enmarca o ámbito forestal e ambiental. Estas xornadas constitúen unha práctica obrigatoria, polo que os contidos nelas tratados serán avaliados mediante un traballo. Agárdase do alumnado que participe activamente nestas sesións de discusión activa. Competencias a traballar: CEM4-01
Docencia non presencial:
Na aula virtual o alumnado contará co material necesario para o seguimento das clases e para a elaboración do seu traballo autónomo. Competencias a traballar:
Traballos prácticos
A profesora proporá unha serie de temas e proporcionará a bibliografía básica así como os coñecementos previos necesarios para a realización dos traballos que son obrigatorios.
O alumnado realizará os traballos, de xeito individual ou en grupo(dependendo do número de alumnos/as), sobre os temas propostos para o que terá que levar a cabo unha procura bibliográfica e unha memoria (Portafolio). A defensa do traballo será oral. COMPETENCIAS A TRABALLAR: COM4-09, COM4-10, HAM4-05.
Titorías individuais e colectivas:
Prográmanse sesións de titoría colectiva para a resolución de dúbidas dos traballos en grupo. As titorías individualizadas serán a demanda do alumnado.
Participación nas clases expositivas, interactivas e outras actividades complementarias (10%), consistirá en participar nos debates na aula, previa preparación de textos seleccionados e na resolución dos exercicios propostos. Competencias avaliadas:COM4-09, COM4-10, HAM4-05
Presentación de algún dos traballos ou informes relacionados co contido da materia (30%):avaliarase a capacidade de síntese, a claridade no discurso e na transmisión das ideas. Competencias avaliadas:COM4-09, COM4-10, CEM4-01, HAM4-05.
Realización de prácticas, seminarios e traballos na aula virtual (20%) sobre os contidos impartidos e os coñecementos adquiridos. Competencias avaliadas: COM4-09, COM4-10, HAM4-05
Outras actividades específicas que tamén garanticen a avaliación obxectiva do rendemento do estudantado:
Realización dun cartafol que reúna as evidencias de aprendizaxe que se irán pedindo ao longo do curso (Traballos individuais e en grupo) (40%). Avaliarase a estrutura, redacción, uso do léxico adecuado, documentación e bibliografía seleccionadas, análise realizada e presentación. Competencias avaliadas: COM4-09, COM4-10, HAM4-05.
O estudantado de segunda oportunidade será cualificado a traveso dun exame que suporá o 100% da cualificación.
O estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que a materia será avaliada cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TOTAL 24 horas presenciais incluíndo titorías en grupo e 48 horas de traballo autónomo fóra da aula, máis tres horas de avaliación.
A realización fraudulenta das probas de avaliación será motivo de suspenso na convocatoria correspondente, ademáis será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
La versión en gallego de esta programación docente es la oficial y será la que prevalezca en caso de haber diferencias involuntarias.
Ana Isabel García Arias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario de Construción (Pav.II-PBS) |