Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivo Xeral: Ao finalizar o curso, o alumno deberá ser capaz de aplicar os sistemas de representación gráfica na resolución de problemas de deseño e de crear e interpretar correctamente planos.
Obxectivos Específicos:
- Utilizar técnicas de representación gráfica, como proxeccións ortogonais, perspectivas e axonometrías, para comunicar ideas de deseño.
- Resolver problemas prácticos mediante cálculo gráfico.
- Interpretar planos mecánicos ou de enxeñaría, identificando elementos crave e comprendendo o seu significado.
- Aplicar conceptos de xeometría descritiva e debuxo técnico na representación de obxectos tridimensionais.
A memoria da titulación recolle os seguintes contidos:
- Normalización da documentación Gráfica Técnica.
- Fundamentos da representación da forma tridimensional, mediante os sistemas de proxección utilizados en xeometría descritiva coa axuda dos programas de CAD.
- Cálculo gráfico con CAD.
- Modelado tridimensional parametrizado de elementos mecánicos.
- Simulación básica dos sistemas mecánicos parametrizados en función da variación dun parámetro de forma.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
BLOQUE I.- NORMALIZACIÓN DA REPRESENTACIÓN
1.1. Escalas
1.2. A normalización do debuxo técnico
1.3. A normalización da representación tridimensional
1.4. A normalización da anotación
Tempo presencial: 6 horas expositivas, que se intercalarán entre as prácticas a medida que os coñecementos vaian siendo necesarios. Tempo de traballo do alumno: 2 horas (Campus Virtual)
Importante: Este bloque estará dispoñible desde principio de curso no Campus Virtual.
BLOQUE II - DEBUXO ASISTIDO POR COMPUTADOR
2.1. Iniciación, contorna e utilidades (0.5h)
2.2. Comandos básicos para empezar a debuxar (1.5h.)
2.3. Propiedades dos obxectos (0.5h.)
2.4. Comandos de debuxo (2h.)
2.5. Presentacións e escalas (1.5h.)
2.6. Textos (1h.)
2.7. Comandos de modificación (1.5h.)
2.8. Acotación co programa (1h.)
2.9. Trazado e publicación (0.5h.)
Tempo presencial: 10 horas de prácticas. Tempo de traballo do alumno: 15 horas
NOTA: Dado o seu carácter transversal, o bloque II non se avalía de forma independente, senón que a sua valoración está implícita na revisión dos exámenes e traballos do bloques III.
BLOQUE III - SISTEMA DIEDRICO E AXONOMÉTRICO
3.1. Fundamentos: punto, recta e plano (1h.)
3.2. Pertenza (1h.)
3.3. Vistas normalizadas (8h.)
3.4. Interseccións. Cortes e seccións (2h.)
3.5. Paralelismo e perpendicularidad (2h.)
3.6. Distancias. Métodos auxiliares: abatementos. Aplicacións (2h.)
3.7. Métodos auxiliares: Cambios de plano. Aplicacións (2h.)
3.8. Exercicios combinados (3h.)
Tempo presencial: 21 horas de prácticas. Tempo de traballo do alumno: 47 horas
IMPORTANTE: este bloque impartirase utilizando plataformas de CAD. De todos os xeitos, é conveniente que o alumno leve ás clases prácticas un lapis e papel, por si nalgún momento ten que realizar algún debuxo a man alzada.
BLOQUE IV –DESEÑO PARAMETRICO EN 3D
4.1. Introdución ao CAD paramétrico. Iniciación, contorna e utilidades (1h.)
4.2. Deseño a partir de bosquexos parametrizados (2h.)
4.3. Creación e edición de sólidos (6h.)
4.4. Parametrización do deseño (3h.)
4.5. Xeración do plano e anotación (2h.)
Tempo presencial: 14 horas de prácticas. Tempo de traballo do alumno: 35 horas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bertran i Guasp, J., 2005. Sistema diédrico directo: fundamentos y ejercicios. Editorial Donostiarra, San Sebastian.
Giménez Peris, V., 2007. Diédrico directo: teoría y 190 ejercicios de aplicación. Tip. Mazuelos, S.L., Cádiz.
Montaño La Cruz, F., 2023. AutoCAD 2023. Marcombo
Ayuda online de Autocad: https://www.autodesk.es/support/technical/search?qt=&type=Ayuda%20sin%2…
Ayuda online de Fusion 360: https://help.autodesk.com/view/fusion360/ESP/?guid=GUID-1C665B4D-7BF7-4…
Manuales desarrollados por el profesorado, que estarán disponibles en el Campus Virtual.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Fernández San Elías, G., 2004. Vistas y visualización de formas / Gaspar Fernández San Elías, Prácticas de dibujo técnico 6. Donostiarra, San Sebastián.
Gonzalo Gonzalo, J., 2007. Sistema diédrico directo / Joaquín Gonzalo Gonzalo, Prácticas de dibujo técnico 14. Editorial Donostiarra, San Sebastián.
Ramos Barbero, B., 2020. Dibujo técnico. AENOR - Asociación Española de Normalización y Certificación, Madrid.
RECURSOS DIXITAIS
CAD Intentions (Brandon Loehr), en YouTube. Moi bos tutoriais, desde nivel básico a avanzado.
Mediatrizeo, en Instagram e YouTube. Vídeos didácticos cortos sobre debuxo técnico a mano alzada e Xeometría Descriptiva.
Arqmanes, en YouTube. Vídeos con prácticas e trucos de AutoCAD.
O alumno que superou o curso con éxito será capaz de:
Coñecemento:
Con01. Coñecer programas informáticos de deseño e visualización de esquemas de circuítos, estruturas e mecanismos
Con02. Adquirir os coñecementos precisos para a resolución grafica dos problemas xeométricos do deseño.
Con03. Coñecer a representación gráfica dos elementos de máquina, tolerancias e acabados superficiais do proceso de fabricación.
Destreza:
H/D01. Ter capacidade para interpretar e crear a documentación gráfica precisa para o deseño de Sistemas mecánicos robotizados.
H/D02.Ter capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, que permitan o deseño e a interpretación de planos de sistemas mecánicos e de circuítos eléctricos e electrónicos.
H/D03. Modelar en 3D parametrizado os elementos de sistemas mecánicos mediante programas informáticos de deseño e visualización.
Competencia:
Comp01. Adquirir a capacidade e as técnicas de representación gráfica para o deseño e interpretación de planos e esquemas.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9: Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Desenvolveranse os seguintes tipos de actividade:
LECCIÓN MAXISTRAL
A explicación dos contidos teóricos intégrase nas sesións de laboratorio.
Trabállanse: Con03, Comp01, CT1, CT12.
PRÁCTICAS EN AULA DE INFORMÁTICA
Realízanse nas aulas de informática e teñen por obxectivo a aprendizaxe dos conceptos necesarios dos bloques III e IV, así como a adquisición de destreza no uso das aplicacións informáticas de debuxo asistido por computador.
Os exercicios propostos gardan relación con todos os bloques da materia. Os alumnos dispoñen dos enunciados das prácticas. Utilízase o campus virtual para a descarga de arquivos e o envío das prácticas resoltas, de ser o caso.
A aprendizaxe complétase coa realización de traballo autónomo. A cualificación desta colección de exercicios forma parte da avaliación do traballo do curso (compoñente A). Co fin de comprobar a realización persoal destes traballos estableceranse sesións presenciais nas que o alumno exporá a metodoloxía da resolución.
Trabállanse: Con01, Con02, Con03, H/D01, H/D02, H/D03, Comp01, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9 e CT12.
RESOLUCIÓN AUTÓNOMA DE PROBLEMAS
Ao longo do curso proporanse traballos, que o alumno debe realizar de forma autónoma, e que deberán ser enviados no prazo que determine a profesora.
Trabállanse: Con01, Con02, Con03, H/D01, H/D02, H/D03, Comp01, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9 e CT12.
Tanto na primeira como na segunda oportunidade, a avaliación componse nun 30% da avaliación os traballos propostos durante o curso (traballo autónomo, compoñente A), e nun 70% no resultado dun exame final (compoñente F) con catro probas: un exame de preguntas obxectivas e tres de resolución de exercicios.
A cualificación do traballo desenvolvido durante o curso (compoñente A) consistirá na avaliación das actividades ou exercicios autónomos propostos, e que deben ser realizados e/ou enviados no prazo determinado pola profesora.
Estes traballos poden consistir en:
- Entregas de prácticas aplicando os contidos vistos nas clases. No caso de que un exercicio non se envíe no prazo establecido, será avaliado cun máximo de 5 puntos sobre 10.
- Realización de actividades interactivas dentro do Campus Virtual, que se activarán nun período determinado. Se non se realizan nese período, a actividade xa non estará dispoñible, e a cualificación desta será de 0 puntos.
Avalíanse: Con01, Con02, Con03, H/D01, H/D02, H/D03, Comp01, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9 e CT12., CT1, CT2, CT3, CT12.
A cualificación do exame final elaborarase a partir de tres probas:
- F1: Exame test do Bloque I: exame de preguntas obxectivas. Avalía a correcta asimilación dos conceptos, mediante probas de autocorrección no Campus virtual. Supón o 10% da cualificación F. Avalíanse: Con02, Con03, Comp01, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9 e CT12.
- F2: Exame práctico Bloque III – Sistema Diédrico: Resolución de problemas/exercicios. Avalíanse: Con01, Con02, Con03, H/D01, H/D02, Comp01, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9 e CT12. Supón o 50% da cualificación F.
- F3: Exame práctico Bloque IV – CAD paramétrico en 3D: Resolución de problemas/exercicios. Avalía as competencias Con01, Con02, Con03, H/D01, H/D02, H/D03, Comp01, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9 e CT12. Supón o 40% da cualificación F.
A materia considérase NON SUPERADA si dáse algunha das seguintes condicións:
- Algunha das probas do exame (F1, F2, F3) consegue unha nota inferior a 3 puntos.
- A cualificación do exame final F= (0,1 x F1 + 0,5 x F2 + 0,4 x F3) resulta inferior a 4,5 puntos.
No caso de que isto ocorra non se terá en conta a compoñente A.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Se o alumno suspende algunha das partes do examen (F), as aprobadas gardaríanse para a segunda oportunidade.
O alumno deberá repetir en segunda oportunidade aquelas partes nas que obtivera unha cualificación inferior a 3 puntos. Para aprobar ditas partes nesta ocasión será necesario obter unha puntuación igual ou superior a 5 puntos.
FRAUDE ACADÉMICA
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito no artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, que di o seguinte:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plagiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.”
ASISTENCIA A CLASE
A asistencia a clase é obrigatoria e controlarase rigorosamente. Requírese unha asistencia mínima do 80%. Se non se cumpre este requisito, non se considerará a cualificación do 30% da parte práctica (compoñente A). En tales casos, a superación de cada bloque da materia dependerá do exame final da convocatoria correspondente, cunha puntuación máxima de 7 sobre 10 nos bloques afectados, sendo necesario obter 5 puntos sobre 7 para aprobar.
Segundo o “REGULAMENTO DE ASISTENCIA A CLASE NAS ENSINANZAS OFICIAIS DE GRAO E MÁSTER DÁ UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA”, do 25 de novembro de 2024, “O estudantado poderá xustificar a falta de asistencia ás actividades académicas por razóns de índole persoal ou familiar, pola realización de deberes inescusables de carácter social debidamente acreditados ou por causas de forza maior. Cando isto suceda e a xustificación sexa considerada apta e suficiente, a falta de asistencia non implicará consecuencias negativas para a avaliación e cualificación dos e das estudantes“ ( ) “La acreditación da existencia de causa xustificada para a non asistencia a clase deberá realizarse #ante o profesor ou profesora no prazo máximo de 5 días hábiles desde que termine a causa que impediu a asistencia.” Consultar devandito Regulamento para ver que causas poden ser xustificadas.
REPETIDORES
A cualificación obtida nos traballos autónomos gardarase para o curso seguinte, así como os bloques aprobados se os houbese.
A cualificación final da materia será CF = 0,3 x A + 0,7 x F.
En caso de non superar a proba do exame final non se computará a parte da cualificación por curso.
DISPENSA DE ASISTENCIA
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que para aprobar a materia, facilitaráselle unha aprendizaxe alternativa a través de titorías virtuais e vídeos de apoio. Deberá entregar os traballos de curso propostos, e será responsabilidade do alumno entregar os traballos dentro dos prazos marcados para que poidan ser avaliados.
A materia contempla 150 horas de dedicación, das que 51 destínanse a actividades presenciais e 99 a traballo persoal do alumno.
- Participar activamente asistindo a todas as clases.
- Equiparche cun computador para traballar de forma autónoma cos programas necesarios.
- Buscar apoio personalizado acudindo ás titorías para resolver dúbidas e obter recursos.
- Explorar os materiais complementarios dispoñibles no Campus Virtual.
- Profundar os teus coñecementos consultando a bibliografía básica recomendada.
- Recoméndase a asistencia a conferencias e eventos relacionados co grao (charlas, mesas redondas, debates) con relatores de prestixio (autorizados polo Centro ou Departamento). A profesora facilitará esta participación.
- A materia impartirase en castelán.
- Tanto nas clases como nos exames utilizaranse a ordenadores da aula.
- Establécese a prohibición absoluta do uso de teléfonos móbiles durante o transcurso das clases e os exames. En caso de incumprimento, o alumno pode ser expulsado da aula.
- O uso non autorizado do navegador ou de calquera outro software alleo á materia poderá ser motivo de expulsión da aula.
- É fundamental a puntualidade na asistencia a clase e na realización dos exames. En relación con estes últimos, infórmase de que non se permitirá o acceso á aula a ningún estudante unha vez que a proba dese comezo.
Patricia Eva Tato Sanchez Del Valle
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Correo electrónico
- patricia.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 (Aulario 2) |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 (Aulario 2) |
Mércores | |||
11:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática 4 (Pav.III) |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 (Aulario 2) |
Xoves | |||
10:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática 4 (Pav.III) |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 (Aulario 2) |
10:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de Informática 4 (Pav.III) |