Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Hidráulica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que se pretenden acadar nesta materia de acordo coa memoria de título son:
- Obter unha visión de conxunto das consideracións xerais para o deseño de portos e terminais portuarias.
- Afondar no deseño e os procesos construtivos das diferentes tipoloxías das obras portuarias e en aspectos monográficos de especial significación e actualidade.
- Introducir a modelaxe numérica da ondada e a axitación portuaria.
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Consideracións xerais no deseño de portos
Proxecto da zona marítima
Proxecto da zona terrestre do porto
Obras de abrigo. Diques quebramares.
Proxecto e construción de diques quebramares
Diques verticais e mixtos
Proxecto e construción de diques verticais e mixtos
Deseño óptimo de obras marítimas
Obras de atraque
Dragados
O porto e o seu entorno. Relación porto e cidade
Estes contidos desenvólvense segundo o temario que se presenta a continuación, indicándose de modo orientativo o tempo dedicado a cada tema tanto de docencia presencial (DP) como non presencial (DNP):
Temario teórico:
Tema 1. O porto (DP=2h; DNP=3h)
Concepto. Evolución histórica. Funcións. Relación porto-cidade. Tipos de portos.
Tema 2. Consideracións xerais no deseño de portos (DP=2h; DNP=3h)
O buque. Operacións portuarias. Operatividade. Estrutura física dos portos. Terminais portuarias.
Tema 3. Configuración da zona marítima (DP=6h; DNP=8h)
Configuración xeral. Requirimentos en alzado e planta. Bocana. Canle de acceso. Dársenas e peiraos. Outras zonas.
Tema 4. Dragados e recheos (DP=-h; DNP=3h)
Introdución. Tipos e clasificación. Procedementos e equipos. Criterios para a selección de equipos. Xestión do material de dragado.
Tema 5. Obras de atraque e amarre (DP=6h; DNP=8h)
Tipos e clasificación. Obras fixas cerradas. Obras fixas abertas. Obras flotantes. Criterios de deseño e cálculo.
Tema 6. Modelaxe de condicións de deseño (DP=2h; DNP=2h)
Introdución. Modelos onda por onda. Axitación portuaria. Optimización do deseño de actuacións portuarias.
Temario práctico:
Práctica 1. Criterios para o deseño dunha terminal portuaria (DP=1h; DNP=2h)
Práctica 2. Cálculo de infraestruturas portuarias da zona marítima (DP=6h; DNP=10h)
Práctica 3. Monografía sobre dragados e recheos (DP=1h; DNP=2h)
Práctica 4. Cálculo de obras de atraque e amarre (DP=6h; DNP=10h)
Práctica 5. Modelaxe da axitación portuaria (DP=4h; DNP=5h)
- Bibliografía básica
Goda, Y. (2000). Random Seas and Design of Maritime Structures. World Scientific.
Puertos del Estado (1990-2018). Recomendaciones de Obras Marítimas (ROM) 0.2-90, 0.3-91, 0.4-95, 3.1-99, 0.0-01, 0.5-05, 1.0-09, 2.0-11, 1.1-18, 4.1-18. https://www.puertos.es/es-es/Paginas/BibliotecaV2.aspx
Puertos del Estado (2008). Guía de buenas prácticas para la ejecución de obras marítimas. https://www.puertos.es/es-es/Paginas/BibliotecaV2.aspx
U.S. Army Corps of Engineers (2002). Coastal Engineering Manual (6 vol.). https://www.publications.usace.army.mil/USACE-Publications/Engineer-Man…
Thoresen, C.A. (1988). Port Design: Guidelines and Recommendations. Tapir.
- Bibliografía complementaria
Demirbilek, Z. and Panchang, V. (1998). CGWAVE: A coastal surface water wave model of the mild slope equation. Technical Report CHL-98-26.
Jiménez Salas, J.A., Justo Alpañés, J.L. & Serrano González, A. (1975). Geotecnia y cimientos. 2a ed. Madrid: Rueda.
PIANC – AIPCN (1994). Review of selected standards for floating dock designs.
FAO (2010). Fishing harbour planning, construction and management
Thoresen, C.A. (2014). Port Designers’s handbook: Recommendations and Guidelines. Thomas Telford.
Nesta materia traballaranse as seguintes competencias xerais (CX), transversais (CT), e específicas (CE):
CX1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9: Habilidade no manexo de TICs.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
CETECC3. Capacidade para a construción e conservación de obras marítimas.
Esta competencia específica ademais de nesta materia, tamén se traballa nas materias Portos e Costas I, Portos e Costas II, Obras Marítimas e Enxeñería de Costas.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. O estudantado deberá dedicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudio posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do estudantado, contémplase a realización de actividades breves relativas a conceptos fundamentalmente teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, podendo incorporar contidos prácticos. As competencias traballadas nas clases expositivas son: CX1, CT1 – CT12, CETECC3.
En canto ás clases interactivas, estas concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do estudantado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento o estudantado resolverá exercicios e problemas, tanto de forma individual coma en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. En particular, o estudantado realizará traballos de curso que consistirán na elaboración de Anexos de Cálculo para o deseño de actuacións portuarias, concretamente, a canle de acceso a un porto e unha obra de atraque e amarre, para o que se empregarán formulacións analítico-experimentais, técnicas de modelaxe numérica e datos de campo. As competencias traballadas nas clases interactivas son: CX1, CT1 – CT12, CETECC3.
Finalmente, durante as titorías individuais e en grupo atenderase ó estudantado para discutir, comentar, aclarar e resolver cuestións concretas relativas a calquera contido e/ou actividade desenvolta na materia. As competencias traballadas nestas sesións son: CX1, CT1 – CT12, CETECC3.
Recórrese a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, na nota final da materia, teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Participación
Sistema de avaliación: observación do aproveitamento das clases. A asistencia sen aproveitamento non se valorará.
Competencias: CX1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 10%
2) Realización de exercicios
Sistema de avaliación: entrega de exercicios/actividades propostos
Competencias: CX1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 30%
3) Traballo de curso
Sistema de avaliación: seguimento da elaboración de documentos/ficheiros, a súa corrección e/ou exposición/defensa
Competencias: CX1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 60% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
A materia superarase (1ª e 2ª oportunidade) cando a nota final sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10, establecéndose do mesmo xeito unha nota mínima no aspecto 3 (Traballo de curso) de 5 puntos sobre 10. No caso de estudantado cunha nota no Traballo de curso inferior a 5, a súa cualificación será a menor de entre dito aspecto 3 e a nota global da materia. A nota obtida nos diferentes aspectos na 1ª oportunidade poderase conservar para a 2ª oportunidade; en caso contrario, deberá ser comunicado ao profesorado.
Os criterios a seguir para o estudantado repetidor serán análogos ós expresados anteriormente. Neste senso, o estudantado poderá conservar a nota obtida nos aspectos 1 e 2, o que deberá ser informado ó profesorado coa maior antelación posible (en caso de non ser comunicado entenderase que o estudantado opta por realizar o proceso de avaliación establecido).
O estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia segundo o disposto no “Regulamento de asistencia a clase” non terá obrigación de asistir a ningunha actividade salvo ás probas de avaliación (dispensa de carácter TOTAL), sendo preciso que se dirixa ao profesorado coa maior antelación posible, de modo que se lle poida indicar un método alternativo para a avaliación do aspecto 1. Este método alternativo consistirá na realización dun traballo de curso adicional relacionado cos contidos teóricos e/ou prácticos vistos na materia, a través do cal quede reflectida a adquisición das competencias requiridas para este aspecto. Os contidos específicos do traballo fixaranse nunha titoría individual co estudantado. Os aspectos 2 e 3 non poderán ser substituídos, podendo adaptarse parte da metodoloxía en caso de ser necesario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
De xeito orientativo proponse a seguinte distribución de horas non presenciais correspondentes ás diferentes actividades metodolóxicas propostas:
-Docencia presencial: 42 horas
Dentro da docencia presencial inclúense, ademais das horas correspondentes a horas expositivas e interactivas (36h), titorías en grupo (2h) e proba final (4h).
-Docencia non presencial: 70.5 horas
Dentro da docencia non presencial inclúense a lectura e preparación teórica de temas (27h), realización de exercicios (9h), elaboración do traballo de curso (20h) e preparación da proba final (14.5h).
- Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Realización das actividades programadas.
- Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas.
Ivan Lopez Moreira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- ivan.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU