Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
1. Coñecer a literatura occitana e os elementos que condicionaron o seu desenvolvemento histórico.
2. Recoñecer a importancia da literatura occitana no desenvolvemento doutras literaturas europeas.
3. Descubrir os problemas particulares da creación literaria en dominios lingüísticos minorizados.
4. Relacionar as situacións culturais e literarias entre a Península ibérica e Occitania.
-Tema 1. Os condicionantes das literaturas minorizadas.
-Tema 2. A literatura occitana da etapa de decadencia (ss. XIV-XV).
-Tema 3. O Renacemento e o Barroco occitanos. As escolas rexionais ata o século XVIII.
-Tema 4. O "Felibrige" e o Rexurdimento das letras occitanas.
-Tema 5. A crise despois do movemento "felibre".
-Tema 6. A literatura occitana do século XX.
Garavini, F. (1970), La letteratura Occitanica Moderna, Bologna: Sansoni-Accademia.
Gardy, Ph. (1996), L’écriture occitane contemporaine. Une quête des mots, Paris: L’Harmattan.
Gardy, Ph. (1997), Histoire et anthologie de la littérature occitane, tome II. L’Age du baroque, 1520-1789, Montpellier: Les Presses du Languedoc.
Jouveau, R. (1970), Histoire du Felibrige: 1876-1914, Nîmes: Bene.
Lafont, R.-Anatole, Chr. (1970), Nouvelle histoire de la littérature occitane, Paris: PUF.
Miremont, P. (1985), Le Félibrige et la langue d’OC, Périgueux: Lo Bornat.
Mistral, F. (1998), Mireya, Madrid: Cátedra.
Vernhièras B. (coord.) (1989), A literatura occitana contemporánea. Pequena antoloxía con versión galega, Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións, Universidade de Santiago de Compostela.
-Capacidade para entender a lingua literaria occitana.
-Familiaridade coa análise de textos de diversas épocas da literatura occitana.
-Realización rigorosa e con espírito crítico de breves traballos de investigación.
A materia non ofrece docencia presencial no curso 2025-2026, senón que se organiza exclusivamente a partir de sesións titoriais, as cales responden ás directrices do Decanato da Facultade de Filoloxía.
A cualificación final da materia consta exclusivamente dun único exame escrito na data fixada oficialmente (100% da cualificación final)
Todas as horas correspondentes a esta materia serán de traballo persoal do alumno.
Os estudantes deberán redactar e presentar os traballos co nivel de corrección esperable para o seu grao académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible
Santiago Gutierrez Garcia
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- santiago.gutierrez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade