Os principais obxectivos do curso son estudar os diferentes significados que se asocian á idea de progreso e prosperidade en particular asociados ao desenvolvemento das enerxías renovables, nomeadamente, á eólica mariña, en España e Galicia de cara ao horizonte 2030. Ademais, analizar as políticas socioeconómicas que procuran o progreso e a prosperidade na transición enerxética, en particular na enerxía eólica mariña, estudar o impacto material desta enerxía na realidade enerxética actual, identificar os principais problemas que o modelo eólico actual presenta, desde o ámbito social, económico, ambiental, legal, técnico, administrativo etc, propor solucións aos problemas sinalados para acadar un modelo de desenvolvemento eólico integral e inclusivo, dar voz e visibilidade a todos os axentes implicados nun modelo eólico sostible, en particular ao sector da pesca tan relevante en Galicia e realizar unha aplicación práctica dos principais procesos vinculados á solicitude e autorización dun proxecto de instalación renovable.
Datas de celebración: 1-4 de setembro de 2026
Dirección: Rosa Mª Regueiro Ferreira
Secretaría: Raúl Ríos Rodríguez e Emilio Nogueira Moure
Lugar de celebración: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Santiago de Compostela
Número de horas lectivas: 25 horas
Este curso conta cun co-financiamento da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PROGRAMA
1 de setembro
9:00-9:30
Recollida de documentación
9:30-10:00
Presentación oficial
10:00-11:30
A crise xeopolítica e o impacto no desfrute da enerxía
Aurelia Mañé Estrada (Universidade de Barcelona)
11:30-12:00
Pausa café
12:00-14:00
As implicacións legais do desenvolvemento eólico mariño
Javier Sanz Larruga (Universidade da Coruña-Observatorio del Litoral)
16:00-17:30
Enerxía eólica, sociedade e territorio: desafíos sociais da eólica terrestre na transición enerxética
Paola Velasco (Universidade de Oslo)
17:30-19:00
Colonialismo verde e racismo ambiental: narrativas decoloniais ante o fascismo
Alberto Matarán Ruiz e Josefa Sánchez Contreras (Universidad de Granada e Universidad Autónoma de México)
2 de setembro
9:00-10:30
O papel da administración pública no avance da eólica mariña: o caso particular de España
Itziar Martín (Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico)
10:30-12:00
O intercambio ecoloxicamente desigual a través dos diferentes enfoques da contabilidade de fluxos materiais
Xoán Ramón Doldán (Universidade de Santiago de Compostela)
12:00-12:30
Pausa café
12:30-14:00
As limitacións técnicas e ambientais da promoción eólica mariña
Paula Valcarce Arenas (Instituto Español de Oceanografía)
16:00-17:30
Economía azul, sociedade e empresa: liñas de encontro para axentes estratéxicos
Naylia Sayfulina (Universidade de Santiago de Compostela)
17:30-19:00
As interaccións globais da promoción eólica mariña
Josep Lloret Romañach (Instituto de Ciencias del Mar-CSIC)
3 de setembro
9:00-11:00
Mesa redonda: ‘A sustentabilidade da enerxía eólica en España. Principais impactos desde a perspectiva da enxeñaría e da bioloxía’
Guillermo San Miguel Alfaro (Universidad Autónoma de Madrid)
Julia Gómez Catasús(Universidad Autónoma de Madrid)
Teresa Villarino Gómez (Universidad Politécnica de Madrid)
11:00-12:30
Dimensións para o desenvolvemento de enerxías renovables en ámbitos subrexionais
Damiano Volpi (Universidad de Granada)
12:30-13:00
Pausa café
13:00-14:30
O novo marco legal para acelerar o despregamento das enerxías renovables
Luis Míguez Macho (Universidade de Santiago de Compostela)
16:00-17:30
O papel do sector empresarial na promoción eólica mariña: o caso de Navantia e Seanergies
Ángel Fernández Rodríguez (Navantia-Seanergies)
17:30-19:00
Muíños contra xigantes
Jaume Franquesa (Universidad de Buffalo-Nueva York)
4 de setembro
09:30-11:30
O relativo valor dos recursos naturais na perspectiva errónea da green economy
José Basilio Otero Rodríguez (Federación Nacional de Cofradías de Pescadores de España)
11:30-12:00
Pausa café
12:00-13:30
Como valoran os pescadores e as comunidades locais o futuro coa eólica mariña
Ponentes: María José Rico (representación rexional de Asturias), David Pavón (representación rexional de Canarias) e Torcuato Teixeira (avogado experto en xestión pesqueira)
Modera e participa: Fins Eirexas (ADEGA)
13:45
Clausura