
O obxectivo destas sesións divulgativas de periodicidade mensual é a coñecer en sociedade a vitalidade das investigacións en marcha, evitando o ensimesmamento do academicismo ao pór os resultados ao servizo da cidadanía e mostrando, ao tempo, que moitas investigadoras cuxo traballo é coñecido en circuítos especializados son descoñecidas aínda na sociedade galega, que procura referentes noutras xeografías.
Diríxense a un público amplo, que comprende desde profesorado e estudantado universitario galego (dentro e fora da USC) a profesorado de Ensino Medio ou Primario e a variados perfís profesionais de persoas interesadas na perspectiva de xénero e na súa implicación nos últimos avances de coñecemento, con especial atención ás posibilidades de participación dese público nas investigacións posteriores no que se chama ciencia cidadá.
A actividade Cafés do CIFEX realízase os primeiro mércores de cada mes na Facultade de Filosofía.
Sesión con aixa permuy
Profesora da Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e integrante do CIFEX
- Data: 1 de febreiro das 14h ás 16h.
- Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
- Conferencia: Tempo-espazo para os afectos e os coidados na USC.
Sesión con Manuela Palacios
Profesora titular da Área de Filoloxía Inglesa da USC e integrante do CIFEX
- Data: 1 de marzo das 14h ás 16h.
- Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
- Conferencia: A ler Virginia Woolf.
Sesión con Sara Calvete
Investigadora en Formación e Contratada Predoutoral no Grupo de Estudos Audiovisuais do Departamento de Comunicación da USC e integrante do CIFEX
- Data: 12 de abril das 14h ás 16h.
- Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
- Conferencia: Metodoloxía para despezar os corpos femininos na pantalla de cinema.
Sesión con Melania Domínguez Benítez
Investigadora en Formación da Universidade das Palmas de Gran Canaria
- Data: 3 de maio das 14h ás 16h
- Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía
- Conferencia: Vulnerabilidad LGBT: Repensar los cuidados frente a la necropolítica
Sesión con María José Rodríguez Jaume
Profesora da Universidade de Alacante
- Data: 8 de xuño das 12h ás 14h.
- Lugar: Aula 8 da Facultade de Filosofía
- Conferencia: Innovación de xénero: da investigación e o coñecemento científico á igualdade de xénero
Sesión con Saleta de Salvador Agra
Profesora axudante doutora da Universidade Complutense de Madrid
- Data: 5 de xullo das 12h ás 14h.
- Lugar: Seminario Mead da Facultade de Filosofía
- Conferencia: Bromas aparte: inxustizas performativas.
Sesión con Victoria Aragón García
Profesora axudante doutora da Universidade de Granada
- Data: 13 de setembro das 18h ás 20h.
- Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
- Conferencia: Xénero e violencia nas relacións adolescentes.
Sesión con Enrique Latorre
Profesor da área de Lóxica e Filosofía da Ciencia e integrante do CIFEX
- Data: 4 de outubro das 18h ás 20h.
- Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
- Conferencia: Os estudos feministas da ciencia e da tecnoloxía.
Sesión con Pablo Soto
Estudante do P.D. Marketing Político, Actores e Institucións nas Sociedades Contemporáneas
- Data: 8 de novembro das 18h ás 20h.
- Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
- Conferencia: O proceso de incelificación na cultura.
Sesión con Milena Villar
Profesora da profesora da área de Didáctica e Organización Escolar e integrante do CIFEX
- Data: Pendente
- Lugar: Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.
- Conferencia: Pedagoxías feministas ecoanimais, entre a teoría e a práctica.
Xénero e migracións no colapso climático.
Día: 12 de setembro de 2025.
Lugar: Sala Mozart. Auditorio de Galicia.
A actividade consistirá no visionado da película Mariposas Negras e unha posterior mesa de diálogo co director do filme e con persoas expertas en materia climática, xénero e migracións.
Obxectivo xeral: A formación e sensibilización do estudantado e do resto da comunidade universitaria nas realidades que describe a película Mariposas Negras.
Obxectivos específicos:
-Analizar as interrelacións entre o cambio climático, a desigualdade de xénero e os procesos migratorios, partindo das realidades amosadas na película proxectada, onde se visibiliza a realidade que sofren milleiros de mulleres e nenas que están maís expostas aos riscos climáticos.
-Facer partícipe ao estudantado universitario da reflexión conxunta que temos que facer como sociedade sobre como o ecofeminismo pode ofrecer ferramentas para loitar contra as consecuencias do cambio climático, non só a nivel medioambiental se non tamén social e económico.
-Presentar mediante a mesa de diálogo formada por expertas en materia ambiental, feminismo e migracións os datos, as opinións e as posibles solucións para a loita contra a crise climática e contra as desigualdades de xénero, impulsando boas prácticas e un compromiso social e ambiental no eido universitario.
Participan:
-
David Baute: Director da película
-
José Ignacio Varela Ramos: investigador en migracións climáticas e membro do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC).
-
María Teresa Moure Pereiro: Directora do CIFEX. Profesora Titular de Lingüística Xeral na USC.
-
Mónica Arto Blanco: Profesora na área de Didáctica e Organización Escolar. Gañadora do terceiro premio na modalidade de investigación, na XVI edición dos premios á introducción da perspectiva de xénero na docencia e na investigación, polo traballo titulado “CLIMACTIVA. Iniciativas ciudadanas ejemplares. Integrar la adaptación y la resiliencia ante los riesgos climáticos en los estilos de vida”.
-
Modera: Sonia. E. Rodríguez Boente, Delegada do reitor para a Igualdade da USC.