
En función das necesidades de cada estudante a USC ofrécelle os apoios de carácter académico ou técnicos necesarios, sempre de carácter personalizado e segundo a súa diversidade. No plano académico, logo dunha entrevista persoal, defínense as adaptacións curriculares non significativas, a aplicar en cada caso.
De acordo cos principios de igualdade de oportunidades, as adaptacións son axustes razoables para afrontar os retos de aprendizaxe en condicións semellantes ao resto dos estudantes, sen que iso deba supoñer unha diminución do nivel académico esixido.
Podes enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web ou na secretaría virtual. Deberás indicar todas as materias do curso académico. Poderás incorporar novas materias cando realices unha modificación da matrícula nos prazos establecidos no calendario oficial.
Se tes calquera dúbida antes de facer a solicitude, podes reservar unha cita por teléfono ou a través da aplicación de reservas.
Prazo de solicitudes
Podes realizar a túa solicitude a partir do 18 de agosto de 2025.
No caso de realizar a solicitude por primeira vez deberás ter activada túa conta de usuario [nome.apelido [at] rai.usc.gal (nome[dot]apelido[at]rai[dot]usc[dot]gal) ]
Requisitos xerais
- Presentar a solicitude con todos os datos necesarios.
- Reservar unha entrevista individual no Campus de Santiago ou no Campus de Lugo, segundo corresponda.
- Acudir as entrevistas programadas no SEPIU en cada semestre.
- Realizar as titorías marcadas no prazo de dúas semanas desde a entrevista no SEPIU.
- Comunicar os cambios de materias cando se realice unha modificación da matrícula nos prazos establecidos no calendario oficial.
Documentación
- Informe médico oficial, informe psicolóxico e/ou informe psicopedagóxico.
- Ditame técnico facultativo, cando se teña recoñecida unha condición de discapacidade.
- Informe das adaptacións nas probas de acceso á universidade, se as houber.
- Copia do documento de identidade.
No caso de pedir a renovación das adaptacións deberás presentar a túa solicitude para o curso 2025/2026 e acudir á entrevista. Unicamente, será necesario volver a presentar a documentación cando existan cambios importantes na situación persoal que así o xustifiquen.
Servizo de Participación e Inclusión Universitaria
- SEPIU. Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 812 859
- 881 812 858
- sepiu.santiago [at] usc.gal
Servizo de Participación e Inclusión Universitaria
- SEPIU. Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 823 594
- sepiu.lugo [at] usc.gal