A USC convoca axudas á mobilidade internacional para persoal técnico e de administración e servizos (PTXAS), para estadías en unidades equivalentes a aquelas ás que presta servizo na USC noutras institucións en países do Programa Erasmus+ (UE e Noruega, Islandia e Liechtenstein, ademais de Macedonia do Norte e as Repúblicas de Turquía e Serbia), ademais de Reino Unido e Suíza. As institucións de acollida non teñen que ser necesariamente socias da USC.
A procura de destinos e contactos neles corresponde á persoa solicitante en base aos seus intereses.
Para a participación en actividades de formación organizadas, o portal Imotion (http://staffmobility.eu/staff-week-search) ofrece un buscador de staff training weeks de diversas temáticas de interese para persoal de administración e servizos.
A mobilidade deberá ter lugar durante o ano 2026 e a duración da actividade será dun mínimo de 2 días de traballo e dun máximo de 2 meses, se ben só se financiarán 5 días de traballo, e até 2 días de viaxe.
É necesario contar cun nivel da lingua propia da universidade receptora ou de inglés correspondente como mínimo ao B1.
Enderezo electrónico de contacto: international [at] usc.gal (international[at]usc[dot]gal)
Período de solicitudes até o 15 de decembro de 2025 ás 23:59 horas a través do Rexistro electrónico da USC.
Convocatoria
Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (Publicada: 17/11/2025)
Resolucións derivadas da convocatoria