A Alianza EUniWell ofrece actividades de mobilidade físicas de curta duración para a participación da súa comunidade universitaria. A descrición completa das actividades está publicada no Catálogo de EUniWell.
Algunhas delas poden contar con financiamento, o cal debe consultarse na información contida nos apartados inferiores.
Para máis información: euniwell [at] usc.gal (euniwell[at]usc[dot]gal)
Para acceder á información de actividades que se ofrecen na Alianza pode consultarse aquí. As actividades son de carácter variado e a súa tipografía difire segundo se se enmarcan como actividades Erasmus+ BIP ou doutros tipos.
Debe consultarse en cada apartado as características de cada unha: Erasmus+ BIP EUniWell e Outras actividades de curta duración de EUniWell.
O persoal da USC implicado na xestión e participación directa na Alianza, pode consultar a convocatoria vixente para a mobilidade en Persoal USC-EUniWell.
Tramitación
Os cursos combinados BIP son unha modalidade de cursos financiados polo programa Erasmus+ que requiren do financiamento e seguimento da universidade de orixe, polo que a inscrición ao curso deberá obrigatoriamente realizarse segundo se indique no curso correspondente no Catálogo de cursos de EUniWell no enderezo: https://www.euniwell.eu/what-we-offer/courses-and-trainings
| Titulo curso | Datas mobilidade virtual | Datas mobilidade fisica | Prazas financiadas |
| BIP - Corso d'intercomprensione tra lingue affini (romanze) - Universitá Degli studi di Firenze | Mid-end of March | 9-17 April 2026 | 2 |
| BIP - Corso d'intercomprensione tra lingue affini (germaniche) Universitá Degli studi di Firenze | Mid-end of March | 9-17 April 2026 | 1 |
| BIP - Environmental Creativity - Universitá Degli studi di Firenze | 23 -27 March 2026 | 11 - 17 May 2026 | 0 |
| BIP - Education toward a sustainable future - Universitá Degli studi di Firenze | 16 April and 4 May 2026 | 20-24 April 2026 | 2 |
| BIP - EU External action - INALCO (Francia) | Early May - Mid June | 8 - 12 June 2026 | 2 |
| BIP - Discover French Culture in Paris - INALCO (Francia) | Early May - Mid June | 8 - 12 June 2026 | 2 |
| BIP - Understanding and analysing China’s domestic and global dynamics - INALCO (Francia) | Early May - Mid June | 8 - 12 June 2026 | 0 |
A convocatoria, fichas dos cursos dispoñibles e documentación correspondente encóntrase na seguinte ligazón.
Convocatoria marco
Taboleiro de anuncios- Sede electrónica (publicada 24/09/2025)
Resolucións derivadas da convocatoria
Resolucións referidas ao Segundo lote de ofertas publicado en decembro de 2025
Pendente de publicación
Resolucións referidas ao Primeiro lote de ofertas publicado en setembro de 2025
Publicación oferta de BIP Erasmus+ BIP EUniWell-Lote 1 (publicada 24/09/2025)
Publicación resolución provisional: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/136434/carga.htm.
Publicación resolución definitva: https://sede.usc.es/sede/publica/documentos/arquivo.htm?pseId=e9ca503d003148dc5212c3ae4569b148 (publicada 24/11/2025)
A descrición completa das actividades está publicada no Catálogo de EUniWell.
| Titulo curso | Datas mobilidade virtual | Datas mobilidade fisica | Prazas financiadas |
| International Service Learning Project - UKON + NU + UoC + LNU + UoB | 20 April to 26 June | 30 June to 2 July | 0 |
Nota: É posible participar nas actividades que non conten con financiamento pola USC se a persoa candidata dispón doutras fontes externas ou propias coas que financiar a súa participación. Nese caso, para poder enviar a súa candidatura e proporcionar a información necesaria á universidade coordinadora, debe realizar a solicitude a través da plataforma de EUniWell e informarnos do interese na participación por conta propia a través do correo euniwell [at] usc.es (euniwell[at]usc[dot]gal)
Convocatoria aberta Erasmus+ para a cobertura de actividades EUniWell para o persoal da USC que conte con algún vínculo coa Alianza EUniWell a través da participación nas distintas Arenas, paquetes ou grupos de traballo, colaboración en actividades conxuntas, avaliación de proxectos etc. e que propoña a realización dunha actividade de interese institucional.
Solicitude a través da Sede Electrónica.
Máis información en euniwell [at] usc.gal (euniwell[at]usc[dot]gal).
Convocatoria
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/136671/carga.htm (publicada 26/11/2025)
Documentación