
A lexislación vixente (artigo 15 da Lei 3/1983, de normalización lingüística e artigo 7 do Regulamento de usos lingüísticos da USC) recoñece que tanto o alumnado como o persoal docente teñen o dereito a usar a lingua oficial que prefiran nas actividades académicas da USC.
Isto supón que ninguén ten por que cambiar a lingua que emprega, sexa galego ou castelán, por problemas de comprensión oral ou escrita dos demais nas actividades académicas.
E concrétase nunha serie de dereitos coma os que podes ver nas lapelas de máis abaixo.
Tes dereito:
- a dirixirte en galego ao profesorado, tanto en público como en privado.
- a usar este idioma en traballos escritos ou en exposicións orais.
- a responder en galego os exames tanto escritos como orais.
- a coñecer que lingua se vai usar en cada materia e grupo docente antes de matriculáreste nela.
Despois de telo indicado na Programación Docente, tes dereito:
- a impartires clases en galego.
- empregar esta lingua nos teus materiais docentes (apuntamentos, presentacións...).
- a redactares en galego os exames e outras probas escritas ou orais.
No seguinte vídeo de pouco máis dun minuto, unha profesora da USC explica os fundamentos legais destes dereitos.
Consulta, fai propostas ou tramita as túas queixas sobre os usos e dereitos lingüísticos na USC a través desta páxina.