O Instituto de Ciencias Forenses ‘Luis Concheiro’ da USC (INCIFOR) organiza a actividade divulgativa ‘Seguindo as pistas da Xenética Forense’, unha iniciativa da súa Unidade de Xenética Forense. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Será o 5 de novembro pola tarde na Aula Castelao da Facultade de Medicina cando teñan lugar catro charlas científicas sobre a xenética forense. Comezará Adrián Amboa Conde con ‘Un día nun laboratorio de xenética forense’, para continuar Ana Mosquera Miguel con ‘Interpretación de perfís xenéticos e uso de marcadores uniparentais’. As novas tecnoloxías de secuenciación e a DNA intelligence será a temática da charla de María de la Puente Vila, a quen lle seguirá para rematar Ana Freire Aradas con ‘Epixenética forense: análise da metilación do ADN’.