Ir o contido principal

Debate ‘Memoria e resistencia: o movemento obreiro en Galicia durante o franquismo’

11.12.2025 | 19.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Visionarase o documental '10 de marzo de 1972. Que ocorreu e como nolo contaron'

Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite

Enmarcado no ciclo ‘Franco Morreu. Ou non? 50 anos despois: lembrar para comprender’ organizado por un grupo de estudantes de Filosofía en torno ao 50 aniversario da morte de Franco, o xoves 11 de decembro terá lugar unha nova sesión titulada ‘Memoria e resistencia: o movemento obreiro en Galicia durante o franquismo’.

A xornada dará comezo ás 19.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía co visionado do documental 10 de marzo de 1972. Que ocorreu e como nolo contaron, que comentará a súa directora Carmen Cuesta García. A continuación desenvolverase unha mesa redonda sobre o movemento obreiro coa intervención do decano da Facultade de Xeografía e Historia, Antonio Míguez Macho, e o obreiro de Astano representante de CCOO e presidente do Ateneo Ferrolán, Xabier M. Dongil.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2025.