03.10.2025 | 10.30h

A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo acolle este 3 de outubro o encontro científico 'Etnografías xeradas', dende as 10.30 horas. A xornada contará coas intervencións de Araceli González Vázquez do CSIC, quen falará de mulleres, prácticas, rituais e olaría no Rif (Marrocos); Agustín Santana Talavera da Universidad de La Laguna, quen profundará en etnografía, mulleres e turismo no rural; e José Ignacio Pichardo Galán da Universidad Complutense de Madrid, que pronunciará o relatorio 'Antropoloxía, xénero e sexualidade'.
GESUSA é un proxecto liderado pola USC e financiado polo Instituto das Mulleres para a visibilización, divulgación e reivindicación do papel dos saberes das mulleres rurais na crise ecosocial.

