Ir o contido principal

Mesa redonda ‘Mulleres contra o lume’

Mesa redonda ‘Mulleres contra o lume’
Mesa redonda ‘Mulleres contra o lume’

Con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres Rurais, a Comisión de Igualdade de Xénero da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, desenvolve o 28 de outubro unha mesa redonda co título ‘Mulleres contra o lume’.

A actividade xuntará, ás 18.00 horas na Escola, a profesora da USC Ana Cabana Iglesia; a enxeñeira paisaxista e produtora ecolóxica en O Bolo, Eliska Farkova; e a profesora da Universidade de León Cecilia Alonso Rego. O debate modérao Verónica Marcos, presidenta de FADEMUR.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2025.