Foi elaborado por un equipo de investigación creado desde as universidades de Santiago e Vigo

O 'Informe da Economía Social en Galicia 2022' preséntase este luns 11 ás 12.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariales. Foi elaborado por profesorado e persoal investigador das universidades de Santiago de Compostela e Vigo: Dolores Álvarez, Manuel Botana, María Bastida, Maite Cancelo, Rosario Díaz, Pilar Expósito, Loreto Fernández, José Antonio Montero, Ana Olveira, Alberto Vaquero, Emilia Vázquez Rozas, Miguel A. Vázquez Taín e Alicia Villalba.
Na presentación participarán a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo; a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; o decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xoán Doldán; o presidente do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara; a directora do Centro de Estudos Cooperativos de Galicia (CECOOP) e directora do estudo, Maite Cancelo e o director de CIRIEC-España e vicepresidente de CIRIEC-Internacional, José Luis Monzón.