Ir o contido principal

A Asociación de Profesores Eméritos da USC asina un convenio de colaboración Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos

Acto de sinatura do convenio
Acto de sinatura do convenio
O texto regula o impulso de actividades socio culturais e a celebración de conferencias e seminarios sobre temas de interese común
Santiago de Compostela

O convenio asinado este mércores pola Asociación de Profesores Eméritos da USC (APE-USC) e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (ATEGAL) ten o obxectivo de establecer o entorno de referencia para a acción coordinada entre ambas as dúas entidades. 

O desenvolvemento daquelas actuacións encamiñadas a potenciar a formación dos seus asociados, así como o impulso de actividades socio culturais e a celebración de conferencias e seminarios sobre temas de interese común, constitúen o obxecto primordial do acordo. 

O texto foi asinado por José María Fraga Bermúdez, presidente de APE-USC, e Ángel Fagilde Trabada, presidente de ATEGAL. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2019.