A Aula de Teatro da USC estrea o mércores a peza 'Irmás' de Pascal Rambert
A Aula de Teatro da USC estrea o mércores 10 de decembro a súa última produción deste curso, 'Irmás' de Pascal Rambert, adaptada e dirixida por Roberto Salgueiro. O reparto compóñeno Alba Casás Fuentes e Cristina Pérez Amigo.
A representación terá lugar ás 21.00 horas no Salón Teatro, con acceso de balde previa recollida de entradas na billeteira (máx. 2/persoa) a partir das 19.00 horas.
Pascal Rambert (1962, Niza), dramaturgo, director de escena e cine, actor e realizador, é autor dunha extensa obra dramática, na que destacan títulos como Clausura de amor, Finlandia, Ensaio ou A arte do teatro. Recibiu en 2016 o Premio de Teatro da Academia Francesa ao conxunto da súa obra, caracterizada por unha arriscada experimentación da linguaxe, constituíndo na actualidade unha referencia mundial da escena contemporánea.