A Aula de Teatro da USC, no XIII Congreso Mundial de Teatro coa súa última produción ‘Irmás’
A peza preséntase en galego, nunha tradución do texto de Pascal Rambert
A Aula de Teatro da USC está a presentar a súa última produción, IRMÁS, de Pascal Rambert, no XIII Congreso Mundial de Teatro que ten lugar dende este mércores 8 ata o 13 de xullo en Vilnius (LItuania). A peza preséntase o xoves 9 no Vilniaus Teatras Lélé en galego, nunha tradución do texto do recoñecido autor francés.
Ademais do programa académico do congreso, corre parella unha programación teatral con pezas procedentes de Italia, Costa Rica, Colombia, Bélxica, Irlanda. Lituania, Xapón e Ucraína.