Ir o contido principal

A Cátedra de Vida Saudable impulsa unha xornada con conversas para entender e previr o cancro

O foro está impulsado pola Cátedra de Vida Saudable. FOTO: Santi Alvite
O foro está impulsado pola Cátedra de Vida Saudable. FOTO: Santi Alvite
A sesión desenvolverase o 30 de outubro, ás 19.00 horas, na Aula Castelao da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC
Santiago de Compostela

A Catedra de Vida Saudable, en colaboración coa Rede de Universidades Promotoras de Saúde, organiza un coloquio na Facultade de Medicina e Odontoloxía que baixo o título 'Falemos de Cancro' pretende ofrecer unha visión global que abarca desde a identificación de factores de risco ata o impacto psicolóxico nas persoas pacientes. A entrada a este foro, que se desenvolve o 30 de novembro ás 19.00 horas na Aula Castelao, é libre e de balde ata completar a capacidade do espazo.

O profesor Alberto Ruano centrará a súa intervención nos factores que aumentan o risco de cancro. Pola súa parte, Carmen Durán abordará os recursos para a detección precoz do cancro en Galicia; mentres que Teresa Curiel pronunciará o relatorio 'Como tratamos o cancro nun servizo de Oncoloxía?'. A seguir, será a quenda de Manuel Portela cunha interneción titulada 'Cal é o papel de Atención Primaria na detección e o tratamento do cancro?'. A xornada contará tamén coa participación de Patricia Baños que profundará no impacto emocional que ten o proceso oncolóxico no paciente.
 

Programa da xornada
Programa da xornada
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2025.