Ir o contido principal

O Colexio Maior San Clemente será reformado durante o vindeiro curso 21/22

Colexio Maior San Clemente. Foto: Ramón Otero
Colexio Maior San Clemente. Foto: Ramón Otero
Será sometido unha completa e necesaria actualización das súas instalacións, incluíndo melloras no illamento de fachadas e cubertas e un novo concepto da xestión de espazos de cara a mellorar a vida colexial

O Colexio Maior San Clemente será sometido ao longo de próximo curso 21/22 a unha reforma integral das súas instalacións polo que permanecerá pechado durante este período. A sede actual do colexio data do ano 1942, sendo o segundo dos tres edificios proxectados polo arquitecto Jenaro de la Fuente na institución. Foi o segundo colexio construído, tras o Rodríguez Cadarso, tamén recentemente remodelado en 2011.

Os cambios previstos, aínda en fase de proxecto, inclúen unha completa e necesaria actualización das súas instalacións, melloras no illamento de fachadas e cubertas e un novo concepto da xestión de espazos de cara a mellorar a vida colexial. O resultado final será un edificio máis funcional e acolledor, máis respectuoso co medio ambiente e plenamente adaptado ás necesidades dos e das súas residentes facilitando, así, a continuación da importante función que, dende a súa creación, vén realizando o colexio como dinamizador da Universidade de Santiago de Compostela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.08.2021.