Constituída a Asociación de Profesores Eméritos da USC

A Asociación de Profesores Eméritos da Universidade de Santiago (APE-USC) acaba de ser constituída no marco do Colexio de Profesorado Emérito da USC. Son obxectivos da Asociación así como do Colexio prestar apoio á USC, fomentar e contribuír na medida do posible a apoiar e mellorar a docencia, a investigación e a sociedade. Este novo colectivo mantivo un encontro na Reitoría compostelá no que foron recibido polo reitor Antonio López e o vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane. Neste xuntanza, os representacións da asociación puxéronse a disposición da universidade compostelá e do equipo reitoral ao que trasladaron a súa dispoñibilidade para o establecemento de futuras colaboracións.
A asociación APE-USC promoverá actividades científicas, docentes e culturais e a colaboración plena coa institución académica, así como con asociacións, institucións ou organismos coas que establecerá convenios e as colaboracións específicas pertinentes. Do mesmo xeito, APE-USC ponse a disposición das organizacións sociais, de estudantes, profesorado, institucionais e da Xunta de Galicia para colaborar e desenvolver actividades e programas que se consideren de utilidade para as institucións implicadas.
A asociación foi presentada nunha recepción en San Xerome. Foto: Santi Alvite