Ir o contido principal

Convocada unha nova edición do Premio Humanitas

Voluntariado. Foto: Santi Alvite
Voluntariado. Foto: Santi Alvite
Este galardón recoñece actividades solidarias, sociais ou humanitarias desenvolvidas por persoas físicas ou xurídicas. Os integrantes da comunidade universitaria poderán presentar candidaturas ata o 29 de outubro

O Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni-USC) convocan unha nova edición do premio Humanitas. Este é un galardón que recoñece actividades solidarias, sociais ou humanitarias que estean desenvolvendo persoas físicas ou xurídicas. O xurado, presidido polo reitor, elixirá de entre as candidaturas presentadas polos membros da comunidade universitaria, que poderán facer as súas propostas ata o 29 de outubro, incluído.

Esta convocatoria enmárcase dentro do compromiso do Consello Social da USC de achegar a realidade social á universidade ao mesmo tempo que colabora con Alumni-USC coa finalidade de axudar a crear unha rede forte de antigos alumnos que favoreza o desenvolvemento do sentido de pertenza á comunidade universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2021.