Ir o contido principal

Convocadas as bolsas para as escolas físico deportivas

Só se poderá solicitar e conceder unha bolsa por persoa. FOTO: Santi Alvite
Só se poderá solicitar e conceder unha bolsa por persoa. FOTO: Santi Alvite
O Servizo de Deportes da USC oferta 70 bolsas Santander cuxo prazo de solicitude se estende dende o 13 de setembro ata o 10 de outubro
Lugo, Santiago de Compostela

A Universidade oferta 70 bolsas Santander para o fomento da práctica físico deportiva do seu alumnado. Entre o 13 de setembro e o 10 de outubro poderase optar a estas axudas que consisten na devolución do importe do primeiro prazo da matrícula realizada nas escolas físico deportivas da USC para o curso 2021-2022 de acordo co establecido na convocatoria.

Só se poderá solicitar e conceder unha bolsa por persoa e para recibir a contía estipulada o alumnado terá que asistir polo menos ao 80% das clases impartidas ata o 30 de novembro deste ano. As bolsas concederanse por estrita orde de solicitude segundo a prioridade establecida para as escolas. Quen reúna todos os requisitos esixidos e non obteña bolsa quedará na listaxe de agarda ata a resolución definitiva.

As escolas con prioridade alta son Autodefensa, Futsal feminino, Karate, Kung-fu, Meditación, Taekwondo perfeccionamento e Tai chi-Chi kung; mentres que as de prioridade baixa son Atletismo, Balonmán, Natación competición e Tenis competición. Pode obterse máis información sobre este proceso no enderezo electrónico deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.08.2021.