Ir o contido principal

A NerdNite de outubro aborda o cambio estacional de hora, un vaso prehistórico da Cova de Eirós e a vida entre residuos

Cartel da sesión
Cartel da sesión
A Nave de Vidán acollerá esta sesión o martes 29 de outubro a partir das 21:30 horas
Santiago de Compostela

A sesión das NerdNites correspondente ao mes de outubro terá lugar este martes 29, na Nave de Vidán, a partir das 21:30 horas. O cambio estacional de hora, un vaso prehistórico atopado na Cova de Eirós e a posibilidade de vivir rodeados de residuos serán os temas centrais desta nova edición.

A catedrático de Electromagnetismo da USC, Jorge Mira, abordará o cambio estacional de hora; xunto a el, Ramón Fábregas Valcarce, catedrático de prehistoria da USC, desenvolverá o relatorio ‘Casando fóra da parroquia? O caso do vaso prehistórico da Cova Eirós’. Ángeles Pereira Sánchez, profesora do departamento de Economía Aplicada da USC, responderá, pola súa parte, á cuestión ‘TerraVerde Servicizing & Recyling, S.A. Viviremos rodeados de residuos?’.

As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Esta iniciativa artéllase en base a pequenas charlas científicas onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2019.