Ir o contido principal

Presentación do programa de micromecenado da USC

O reitor Antonio López presenta esta iniciativa destinada a empresas, persoas e institucións, este xoves 21, ás 12.00 horas, no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas...
Lugo, Santiago de Compostela

A USC pon en marcha un programa de micromecenado co obxecto de crear un espazo de encontro que implique a empresas, institucións e sociedade nas actividades, proxectos e servizos que a Universidade desenvolve en materia de investigación, cultura ou deportes, entre outros ámbitos. O reitor Antonio López presentará este xoves 21, ás 12.00 horas, as liñas mestras desta iniciativa no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (Av. Barcelona, 31, Campus Vida).

Este programa de micromecenado desenvolverase baixo o lema ‘Sumo valor’ e busca facer partícipe a toda a sociedade dos valores e principios cos que a USC quere acadar a súa misión de preservación, xeración, transmisión e difusión do coñecemento de xeito socialmente responsable. Enténdese por microdoazón a dación dunha cantidade monetaria ou dun ben, tanxible ou intanxible, dun valor inferior aos 3.000 euros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2019.