Ir o contido principal

Un proxecto da USC, segundo premio na oitava edición do Encontro Internacional de Emprendedores Novos

Foto de familia dos e das representantes da USC no Encontro
Foto de familia dos e das representantes da USC no Encontro
Un xurado composto por profesorado universitario elixiu as propostas que considerou de maior interese en base a criterios como o grao de innovación, impacto económico e social ou viabilidade de implantación, entre outros elementos a valorar
Lugo, Santiago de Compostela

O proxecto Skeirrum da USC, integrado por Erea Rodríguez e Cintia Lomba, obtivo o segundo premio na oitava edición do Encontro Internacional de Emprendedores Novos que ao longo desta semana desenvolveuse en Zamora na Escola Politécnica Superior para promover a cultura do emprendemento. Ademais de Skeirrum, a institución compostelá concorreu con outros tres proxectos: EnergyFarm, Thermood e Iceberg 360.

A base do programa foi a presentación de iniciativas empresariais e sociais propostas por alumnado de todas as institucións participantes. Un xurado composto por profesorado universitario elixiu as propostas que considerou de maior interese en base a criterios como o grao de innovación, impacto económico e social ou viabilidade de implantación, entre outros elementos a valorar.

Loreto Fernández Fernández, Emilia Vázquez Rozas e Eva López Barrio, en representación da USC, participaron como xurado. O encontro trata de fornecer a presentación de proxectos de emprendemento nas universidades e institutos politécnicos españois e do norte de Portugal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2022.