Publicada a resolución definitiva das axudas de manutención da USC
As persoas con bono adxudicado deberán confirmar a aceptación da axuda
Lugo,
Santiago de Compostela
Acaba de facerse pública a resolución de adxudicación dos bonos comedor da convocatoria de axudas para a manutención do estudantado nas cafetarías e comedores universitarios da Universidade de Santiago de Compostela, correspondente ao curso 2025-2026.
As persoas con bono adxudicado deberán confirmar a aceptación da axuda seguindo as indicacións que recibirán no correo electrónico que indicaron ao rexistrarse na plataforma do Banco Santander.