Ir o contido principal

O ránking GreenMetric sitúa a USC entre as dez universidades máis sustentables do Estado

O obxectivo desta clasificación, impulsada pola Universidade de Indonesia, é reflectir os esforzos realizados polas universidades no desenvolvemento e implantación de políticas e programas respectuosos co medio ambiente e a sustentabilidade. FOTO: Santi Alvite
O obxectivo desta clasificación, impulsada pola Universidade de Indonesia, é reflectir os esforzos realizados polas universidades no desenvolvemento e implantación de políticas e programas respectuosos co medio ambiente e a sustentabilidade. FOTO: Santi Alvite
A Universidade de Santiago de Compostela ocupa o posto 303 do mundo
Lugo, Santiago de Compostela

O UI GreenMetric World University Rankings, principal clasificación do mundo que avalía o compromiso das universidades coa sustentabilidade, sitúa a USC no chanzo 303 de entre as 1.547 institucións académicas que participaron nesta edición 2025. Na contorna estatal, a Universidade de Santiago de Compostela ocupa o chanzo número nove.

En concreto, a clasificación avalía un total de seis indicadores: contorna e infraestruturas (15%), enerxía e cambio climático (21%), residuos (18%), auga (10%), transporte (18%) e educación (18%). O obxectivo desta clasificación, impulsada pola Universidade de Indonesia, é reflectir os esforzos realizados polas universidades no desenvolvemento e implantación de políticas e programas respectuosos co medio ambiente e a sustentabilidade. Os responsables da clasificación analizan o compromiso das universidades coa sustentabilidade a partir dunha serie de aspectos que inclúen a recompilación de información básica sobre o perfil de cada universidade, particularmente en relación ao seu tamaño e ámbito xeográfico de implantación. A recompilación dos datos realízase a través de enquisas en liña enviadas a administradores universitarios. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2025.