Últimos días de inscrición no curso de videocreación impartido por Sabela Eiriz ao abeiro do Espazo de Cine da USC
A Área de Cultura da USC no Campus de Lugo mantén aberto ata as 14.00 horas do xoves 14 de novembro o prazo de inscrición no curso de práctico de videocreación programado polo Espazo de Cine da USC e que será impartido pola polifacética artista Sabela Eiriz.
O novo curso do Espazo de Cine da USC constitúe unha iniciativa promovida desde a Vicerreitoría de Cultura, Comunicación e Servizos coa finalidade de favorecer a formación, a creación e a produción audiovisuais a través de monográficos orientados á realización de traballos audiovisuais, botará a andar este venres 16 de novembro e está dirixido a todas persoas que queiran achegarse ao mundo da videoarte dende diferentes disciplinas e linguaxes.
As sesións lectivas do programa impartido por Sabela Eiriz e estruturado en 50 horas de formación, desenvolveranse na Casa do Saber de Lugo en quenda de mañá os sábados 16 e 21 e 21 de decembro de 2019, así como os días 18 xaneiro, 15 febreiro e 28 marzo de 2020. O número de prazas está limitado a un máximo de 16.