Ir o contido principal

A USC conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O reitor Antonio López presidirá o acto conmemorativo do 25N, no Colexio San Xerome, a partir das 13.00 horas
Lugo, Santiago de Compostela

A USC conmemora o vindeiro luns 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres a través dun acto institucional que servirá para poñer o foco na persistencia e as novas formas de violencia machista. O reitor Antonio López presidirá, a partir das 13.00 horas, no Colexio San Xerome, o acto no que se fará lectura do manifesto institucional da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (Ruigeu).

Xunto ao reitor, tomarán parte no acto a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; a concelleira responsable de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas, Noa Díaz Varela; a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; e Eva Aguayo Lorenzo, coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC.

O acto tamén servirá para facer entrega dos galardóns do III Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero, dirixido a todo o alumnado das titulacións de primeiro e segundo ciclo, grao, máster e doutoramento, matriculado na USC no curso 2019-2020.

Axenda dos restantes actos conmemorativos da USC co gallo do 25N

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2019.