Ir o contido principal

A USC presenta este martes a primeira convocatoria de BioIncubatech, incubadora de alta tecnoloxía no ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias

Trátase da primeira bioincubadora de Galicia e a única en España especializada en saúde e no sector agroalimentario
Lugo, Santiago de Compostela

A USC presentará este martes 15 a primeira convocatoria de BioIncubatech, a incubadora de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía no ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes. A presentación celebrarase nunha xornada que comezará no Quercus IP Business Center a partir das 9.45 horas presidida polo reitor Antonio López Díaz, e á que está previsto que asistan tamén a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey Vilar; o alcalde do concello de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o director xeral da Fundación INCYDE, Javier Collado Cortés; e o vicepresidente segunda da Cámara de Comercio de Santiago, José Carballo García.

Trátase da primeira bioincubadora de Galicia e a única en España especializada en saúde e no sector agroalimentario. É, pois, un proxecto único na Península que conxuga dotación de infraestruturas e programas de incubación e aceleración, para conseguir atraer talento emprendedor e resultados de investigación de todo o mundo a Galicia. BioIncubatech é unha iniciativa da USC financiada pola Fundación INCYDE dentro do programa FEDER de Crecemento Intelixente a través do Organismo Intermedio Cámara de Comercio de España e pola GAIN. Son socios da USC neste proxecto a propia Cámara de Comercio e a incubadora de empresas Uninova.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2019.