Ir o contido principal

A USC dá pulo ao emprendemento feminino en contornas de vulnerabilidade

Cartel do evento
Cartel do evento
Un curso de formación organizado conxuntamente co Instituto das Mulleres e que se desenvolverá do 23 de maio ao 23 de xuño, mantén aberta a inscrición ata o día 10 de abril
Lugo, Santiago de Compostela

USC e Instituto das Mulleres, no marco do programa Innovatia 8.3, desenvolven a acción formativa ‘Coñece as claves do emprendemento en contornas VUCA’, ou o que é o mesmo, volatilidade, incerteza (en inglés, "uncertainty"), complexidade e ambigüidade. “Nestes momentos de incerteza e cambio constante, podemos dar un cambio á forma de traballar para ver as oportunidades e aprender un bo modelo, no que nos sintamos cómodas”, explican dende as dúas institucións.

A contorna VUCA, no que se moven as organizacións na actualidade, caracterízase pola volatilidade, a incerteza, a complexidade e a ambigüidade. “Son temas que consideramos de moito interese nestes momentos de asesoramento empresarial”, matizan dende a organización do evento. Baixo esta premisa, programouse esta formación, destinada a emprendedoras universitarias, con inquietude por descubrir estratexias e ferramentas para mellorar os seus coñecementos sobre competencias sociemocionais.

A formación desenvólvese do 23 de maio ao 23 de xuño de 2022 en liña pero con prazas limitadas. A inscrición pode formalizarse de balde ata o 10 de abril.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2022.