Ir o contido principal

O XI Premio Aresa Júnior de Desenvolvemento Rural recoñece o proxecto ‘Luz, cor e vida’ na clausura de Verán XuvenCiencia

O equipo premiado xunto con Carlos López
O equipo premiado xunto con Carlos López
O galardón, impulsado polo grupo Aresa, distingue cada ano o talento científico xuvenil vinculado ao medio rural. Nesta ocasión foi elixido entre un total de 16 propostas de 95 participantes
Lugo

O premio Aresa Júnior de Desenvolvemento Rural recoñeceu o traballo ‘Luz, cor e vida’ realizado por Alba García Rodríguez, Mateo Rivas Otero, Natalia Ramírez Blanco, Pedro Asian Aguilera, Claudia González García e Teo Barcala Blanco. A entrega do galardón realizouse nun acto na Escola Politécnica Superio de Enxeñaria no marco da clausura do programa XuvenCiencia.

Ao longo da pasada semana, preto de cen estudantes preuniversitarios procedentes de diferentes puntos de Galicia participaron en XuvenCiencia, ao abeiro do cal se desenvolveron diversos proxectos científicos guiados por profesorado da USC que foron presentados nesta xornada final.

O Premio Aresa Júnior, impulsado polo grupo Aresa, distingue cada ano o talento científico xuvenil vinculado ao medio rural. A presidente de Aresa, Carlota López, fixo entrega do recoñecemento ao equipo de ‘Luz, cor e vida’ destacando o talento e compromiso do estudantado co desenvolvemento rural e a innovación científica. Nesta ocasión foi elixido entre un total de 16 propostas de 95 participantes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2025.