Benvido á web do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS). Aquí encontraredes información sobre as áreas temáticas, grupos e investigadores que integran o CiQUS, e a súa estructura organizativa, os medios técnicos e instalacións cos que conta e outros datos de interese. O CiQUS forma parte da Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus de Excelencia Internacional – Campus Vida e centra os seus obxectivos científicos na aplicación de estratexias transdisciplinares para a resolución de problemas científicamente relevantes no ámbito da química biolóxica e no desenvolvemento de novos materiais funcionais.
Investigadores do CiQUS crearon unhas microgotas sintéticas capaces de imitar funcións básicas das células vivas e resistir condicións de salinidade similares ás do corpo humano. O achado publicado en JACS supón un paso adiante na construción de modelos celulares artificiais con posibles aplicacións futuras en biomedicina.
Investigadores do CiQUS desenvolven unha estratexia que permite activar, mediante estímulos químicos, unha molécula inicialmente inactiva para que recoñeza e interactúe cunha estrutura específica do ADN, coñecida como unión de tres vías.
A clausura combinou a presentación de proxectos de investigación cunha conferencia sobre nanomateriais biomédicos a cargo da prestixiosa investigadora Luisa De Cola.