Outro evento

G-NIGHT - A noite Galega. Noite Europea das persoas investigadoras.

24-09-2021

Santiago de Compostel: Xardíns do colexio de Fonseca

No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras chegará este outono a Galicia coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, que se desenvolverá baixo o lema Conciencias creativas. A G-Night encherá o 24 de setembro as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos, praias e bares, nun ambiente festivo, e co obxectivo de dar a coñecer o valor do traballo que desenvolven as e os científicos, así como a importancia desta actividade na sociedade.

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) poñerá unha serie de experimentos para todos os públicos. En colaboración con membros da Sociedade  Xuvenil  Galega de Química, levarán a cabo distintas demostracións. Deste xeito, comprobarase como algúns materiais habituais nos fogares están formados por moléculas fluorescentes ao aplicarlles luz violeta. Aprenderase a medir o pH con compostos naturais ou crearase neve artificial empregando un  polímero que podemos atopar nos cueiros. Haberá tempo tamén para poñer a proba os coñecementos en ciencia do público asistente a través dun concurso.

Lugar: Xardíns do colexio de Fonseca

Entidades participantes: Universidade de Vigo · Universidade de Santiago de Compostela · Universidade de A Coruña · Centro de Supercomputación de Galicia · UCC do CSIC en Galicia · Instituto de Investigacións Mariñas · Centro Oceanográfico de Vigo · Gradiant, Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia · ITMATI, Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial · INIBIC, Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña · SEBBM, Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular

 

Este proxecto está financiado polo Programa Investigación e Innovación Horizonte 2020, Accións Marie Sloklodwska-Curie da Unión Europea en virtude do acordo de subvención 101035979-G-NIGHT.

G-NIGHT - A noite Galega. Noite Europea das persoas investigadoras.