II Edición. AECC Andaina solidaria Santiago de Compostela en marcha contra o cancro.

Parque de la Alameda - Santiago de Compostela | 10 a.m.
O próximo 23 de setembro, o CiQUS participará por segundo ano consecutivo na andaina solidaria Santiago de Compostela en Marcha contra o cancro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro.
Ven celebrar esta II edición de #SantiagoEnMarcha para apoiar a loita contra o cancro. Ademais da andaina solidaria, teremos a Feira divulgativa “Ciencia para todos”, con investigadores e investigadoras do CiQUS, CiMUS, o grupo Oncomet e o equipo de CardioCHUS, e divertidos experimentos para todos.
DATA: sábado, 23 de setembro
SAÍDA: ás 10:00 h Paseo Central da Alameda
PERCORRIDO: 5 km, con saída e meta no Paseo Central da Alameda. O circuito recorrerase 2 veces.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:: II Edición - Santiago de Compostela "en marcha contra o cancro"