Mesa redonda co Presidente do Consello Europeo de Investigación (ERC)

Professor Jean Pierre Bourguignon, President of European Research Council (ERC)
CiQUS Seminar Room
12:00 h
O CiQUS acollerá mañá unha mesa redonda co Profesor Jean Pierre Bourguignon, Presidente do Consello Europeo de Investigación (ERC), que visita o centro para participar nun encontro coa comunidade investigadora.
Organizado pola Vicerreitoría de Investigación e Innovación da Universidad de Santiago de Compostela (USC) e o Grupo Compostela de Universidades, os principais obxectivos deste acto son promover e difundir os programas desenvolvidos polo European Research Council (ERC) entre a comunidade investigadora da USC (senior e junior) , así como dar a coñecer as medidas de apoio por parte do goberno da Xunta de Galicia.
O acto será de carácter aberto e está dirixido non só ó conxunto da comunidade investigadora da USC, senón a calquera grupo ou investigador do Sistema Universitario Galego (SUG).
Programa do acto
12.00–12.15: Benvida ao Prof. Jean Pierre Bourguignon, presidente do Consello Europeo de Investigación
- Juan Viaño, Reitor da USC.
- Isabel Rodríguez‐Moldes, Vicerreitora de Investigación e Innovación da USC.
- Manuel Antonio Varela Rey, Director Xeral da Axencia Galega de Innovación.
- Mª Jesús Tallón, Subdirectora Xeral da Secretaría Xeral de Universidades-Xunta.
- Almudena Hospido, Vicerreitora de Internacionalización da USC.
- José Luis Mascareñas, director do CiQUS e investigador ERC Advanced Grant.
- Carlos Salgado, investigador ERC Starting Grant
12.15-12.45: Visita guiada ás instalaciones do Centro Singular en Investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares ‐ CiQUS
12.45-14.00: Mesa redonda: Ciencia excelente en Europa: Oportunidades para a ciencia galega nos programas do ERC
- Presentación: Importancia estratéxica dos proxectos do ERC
- Juan Viaño Rey, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
- Ciencia excelente en Europa. O impacto das axudas ERC
- Prof. Jean Pierre Bourguignon, presidente do Consello Europeo de Investigación (ERC).
- Programa OPORTUNIUS: Unha oportunidade para reter, recuperar e captar talento investigador de excelencia en Galicia
- Manuel Antonio Varela Rey, Director Xeral da Axencia Galega de Innovación.
- Unha visión do proceso de participación. Impacto na carreira investigadora
- José Luis Mascareñas, investigador ERC Advanced Grant e Director do CiQUS.