Noite europea das persoas investigadoras ‘Gnight’

Claustro do Colexio de Fonseca (USC). De 6 pm a 9 pm
O vindeiro 29 de setembro, baixo o lema Conciencias Creativas, se celebra de xeito simultáneo en toda Europa unha nova edición da European Researchers´ Night. O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) participa por teceiro ano consecutivo na G-Night, un evento que volverá encher de ciencia as cidades de Galicia para dar a coñecer o valor do traballo que desenvolven os científicos e científicas, así como a importancia desta actividade na sociedade.
A partir das 6 pm, durante a xornada que se celebra no Claustro do Colexio de Fonseca, os investigadores do CiQUS levarán actividades para profundar, de maneira amena, nos nanotransportadores ou no comportamento dos polímeros electroactivos e, para os cativos, na construción dunha pelota saltarina de cores mediante unha reacción de polimerización.
Ao mesmo tempo, o CiQUS acollerá o debate coloquio organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) no que se abordará o futuro da carreira investigadora en Galicia. O encontro reunirá a investigadores mozos e sénior da Universidade de Santiago, que debaterán sobre os retos, atrancos e oportunidades que presenta a investigación na nosa comunidade.
➕ Máis info en http://gnight.gal