Outro evento

Mesa redonda 11F: “De nenas a investigadoras: o camiño da Ciencia”

Investigadoras

Red de Centros Singulares de la USC
11-02-2021

Virtual - Zoom (Previo rexistro)

Os Centros Singulares da USC, formados polo CiMUS, CiQUS, CiTIUS e IGFAE, queremos conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021 e animamos aos colexios e institutos de Galicia a asistir virtualmente á mesa redondaDe nenas a investigadoras: o camiño da Ciencia”, que organizamos conxuntamente, no marco da iniciativa Ciencia Singular este 11 de febreiro.

Debido á situación sanitaria actual e ás restricións de mobilidade, a actividade plantéxase nun formato en liña e busca achegar as experiencias de investigadoras de diferente perfil e etapa profesional co obxectivo de promover vocacións científicas. Investigadoras en fase predoutoral, postdoutoral, líderes de grupo e directivas dos catro centros singulares da USC contarán as claves, anécdotas e logros das súas traxectorias a fin de espertar a chamada da ciencia en nenas e xoves que decidan orientar a súa formación cara diferentes ámbitos da ciencia.

Esta actividade require inscrición previa, a través deste formulario ata completar prazas.