15/12/2014
O 16 y 17 de diciembre, de 17:00 a 20:30, o CiQUS da USC celebra as Xornadas de Portas Abertas, Achégate á Química!
Realizaranse experimentos e demostracións para tódalas idades, dirixidas a persoas interesadas no mundo da Química. Os asistentes participarán nun taller de experimentos lúdicos con demostracións espectaculares, desenvolvidas por investigadores do propio centro.
Tamén poderán facer unha visita guiada as instalacións do CIQUS, que albergan algúns sofisticados equipos científicos. Por último, a través de vídeos e paneis didácticos, recibirán explicacións sobre as liñas de investigación do centro.