Os resultados supoñen un importante paso adiante para o deseño de unións túnel magnéticas baseadas en LaCoO3
A revista canadiense 'Advances in Engineering' destaca un traballo publicado por investigadores do CiQUS na revista 'Nanoletters' (Nano Lett., 2016, 16, 1736) e que representa un importante paso adiante no deseño das barreiras de túnel para filtro de spin baseadas en LaCoO3.
Neste traballo, liderado polo grupo de investigación Rivadulla Fernández analizouse o comportamento magnético de películas de LaCoO3 crecidas sobre estruturas de La2/3Sr1/3MnO3 (LSMO) / SrTiO3 (STO).
Os resultados obtidos confirman unha supresión completa do ferro-magnetismo do LaCoO3 crecido enriba da capa intermedia de LSMO sobre STO, malia unha deformación de cela idéntica á que se consegue polo crecemento directo en STO.
Con este control sobre as propiedades magnéticas do LaCoO3, o grupo de investigación deseñou unha estrutura de capas múltiples para lograr a rotación independente da magnetización no illante ferromagnético LaCoO3 e o metal ferromagnético LSMO. Este é un importante paso adiante para o deseño de unións túnel magnéticas baseadas en LaCoO3.
Sobre a revista
'Advances In Engineering' é unha publicación canadiense centrada na publicación de noticias de investigación relacionadas co campo da Enxeñería. Esta revista destaca traballos de excepcional importancia científica e o seu contido se orienta principalmente a profesionais e estudantes de enxeñería e física, así como a profesores e científicos.
'Nano Letters' é unha prestixiosa revista científica de alto impacto (IF=13.779) que informa sobre a investigación fundamental nas ramas da teoría e a práctica da nanociencia e a nanotecnoloxía. Proporciona unha divulgación rápida dos elementos clave dun estudio, a publicación dos resultados preliminares, experimentales e teóricos na física, química, e los fenómenos biolóxicos, xunto con procesos e aplicacións de estructuras dentro da escala nanométrica.