A creación de institutos de investigación non asociados ou periféricos á universidade supuxo unha auténtica revolución no sistema investigador español durante os últimos 10 anos.
Os profesores Miquel A. Pericàs (ICIQ-Tarragona), Jesús Jiménez Barbero (CIC bioGUNE-Bilbao) e José Luis Mascareñas (CiQUS-Universidade de Santiago de Compostela), debateron sobre diferentes aspectos deste sistema nunha mesa redonda organizada e moderada pola revista 'Anales de Química', publicación oficial da RSEQ que reuniu os directores de tres destes centros, dous non incluídos no sistema universitario e un asociado á universidade.
O contido íntegro deste mesa de debate pode consultarse picando sobre a imaxe, ou a través do seguinte enlace
Mesa Redonda Jesús Jiménez Barbero, José Luis Mascareñas y Miguel A. Pericàs