Investigadores do centro forman parte do comité científico organizador do bioMAPP17 xunto a científicos do CIC biomaGUNE e o DIPC.
O CiQUS acollerá o vindeiro mes de abril o II Obradoiro en Biomateriais e Aplicacións para Mozos Investigadores (bioMAPP17), un encontro científico centrado nos Biomateriais e as súas aplicacións en terapia, monitorización e detección.
O principal obxectivo de bioMAPP17 é proporcionar aos investigadores novos (estudantes en etapas avanzadas de doutoramento ou recentemente acreditados como postdocs) unha excelente oportunidade para presentar a súa investigación e adquirir experiencia en conferencias académicas, cara ao traballo en rede e o intercambio de ideas.
Entre as áreas de especialización propostas neste encontro destacan algunhas como as Materiais Biofuncionais, Biosuperficies, Imaxe Molecular, Terapia e Diagnóstico ou Detección e Catálise.