23/09/2014
Un recente artigo do grupo de investigación dos profesores Miguel Vázquez López e M. Eugenio Vázquez, en colaboración con investigadores da Universidade Autónoma de Barcelona e do propio CiQUS, foi seleccionada como portada interior do número 76 (4 de outubro de 2014) da revista Chemical Communications.
Neste traballo (Chem . Commun., 2014, 50, 11097-11100) os autores describen como aplicaron por primeira vez a metodoloxía sintética en fase sólida de péptidos (SPPS) para a construción de helicatos peptídicos quirais e estables en auga capaces de unirse a ADN "Y" con grande afinidade e selectividade quiral e que ademais presentan prometedoras propiedades de internalización en células.