O CiQUS oferta oito contratos a tempo parcial para o desenvolvemento de tarefas de iniciación á investigación por parte de alumnos de máster que estén a realizar o seu traballo fin de máster baixo a dirección dun investigador adscrito ao centro.
O CiQUS oferta oito contratos a tempo parcial para o desenvolvemento de tarefas de iniciación á investigación en liñas de traballo cooperativas ou de interese estratéxico para o centro. As funcións específicas de cada contrato asociaranse ás liñas de investigación correspondentes e poderán incluir a síntese, aillamento, caracterización e/ou estudo (experimental ou teórico) de compostos ou procesos químicos, biomoléculas ou materiais.
Como en anos anteriores, a oferta está específicamente dirixida e limitada a alumnos que estén a desenvolver o seu traballo fin de máster baixo a dirección dun investigador adscrito ao CiQUS.
Durante a súa estancia no centro, os alumnos recibirán asesoramento científico ao comezo das súas respectivas carreiras investigadoras nas distintas liñas de investigación desenvolvidas polos grupos do CiQUS.
A data límite para presentar a documentación requirida é ás 14h do venres 3 de marzo de 2017 e a convocatoria está dispoñible no seguiente enlace: CiQUS-Contratos Master-2017.
No ano 2016 tres másteres impartidos pola USC e vinculados ao CiQUS foron incluidos polo diario El Mundo no seu ranking anual, que destaca os mellores estudos de posgrao dispoñibles en España na actualidade. Así, no apartado de Ciencias Experimentais e Tecnolóxicas figuran o Máster en Química Teórica e Modelización Computacional e o Máster en Química Orgánica nos postos 3º e 4º (sendo os primeiros de química). Pola súa banda, o Máster en Investigación e Desenvolvemento do Medicamento figura no terceiro lugar no apartado de Farmacia.
Todos eles contan coa participación de Investigadores Principais do CiQUS, tanto na labor docente das asignaturas teóricas como na dirección de Traballos Fin de Máster (TFM). Estes traballos ofrecen aos alumnos a oportunidade de integrarse no CiQUS e optar a este programa de contratos que ano tras ano pretende favorecer o desenvolvemento de tarefas de iniciación á investigación en liñas de traballo cooperativas ou de interese estratéxico para o centro.