G-Night: unha noite para a ciencia

03/10/2023

 

 


Imágenes: Xoan Vidal · GNight

O pasado venres celebrouse a G-Night, a xornada de divulgación científica na que participan as tres universidades galegas e que se fai eco da A Noite Galega das Persoas Investigadoras celebrada de forma simultánea en cidades de toda Europa o último venres de setembro.

O CiQUS participou unha ano máis nos talleres celebrados no Claustro do Colexio Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, onde se ofrecía un atractivo programa de actividades que non defraudou aos asistentes. Coa creatividade a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, e baixo o lema Conciencias creativas, os investigadores do CiQUS implicáronse de cheo nunha xornada lúdica e amena na que puideron achegar o seu traballo a composteláns (e tamén a turistas) a través de experimentos, talleres ou demostracións.

Da man dos MSCA Fellows do CiQUS (Dr. Sajid Fazal, Dr. Esperanza Padín, Dr. Adrián Sánchez, Dr. Naveen Tiwari, Dr. Mayra Quemé), tanto o público adulto como a rapazada máis nova puideron coñecer dunha maneira entrentenida como actúan os nanotransportadores, a súa importancia para a administración de fármacos e como ferramenta de diagnóstico, o cómo se comportan os polímeros electroactivos e o seu pàpel no deseño de soft robots. Un ano máis, a pelota saltarina tivo gran éxito entre os cativos, que non dubidaron en mancharse as mans de cores para levar a cabo unha "reacción de polimerización". Ao mesmo tempo, o CiQUS acolleu o coloquio-debate “O meu futuro nunha carreira investigadora?”, organizado pola RAGC e dirixido en particular ao estudantado universitario, doutorandos e investigadores novos.