12/12/2013
Javier Sardina incorpórase ao Consello Social de INDITEX
Francisco Javier Sardina, investigador do CIQUS e catedrático de Química Orgánica da Universidade de Santiago, incorporouse como novos membro do Consello Social de Inditex. Co seu nomeamento refórzase a vinculación do Consello co ámbito social de Inditex, en ámbitos tan relevantes como o da acción social e o mundo académico.
O Consello Social de Inditex, creado en 2002, é o órgano asesor de Inditex en materia de Responsabilidade Social Corporativa. Está integrado por persoas ou institucións externas e independentes ao Grupo e a súa función é formalizar e institucionalizar o diálogo con aqueles interlocutores considerados claves na sociedade civil na que Inditex desenvolve o seu modelo de negocio.

Máis información: http://www.inditex.com/es/media/news_article?articleId=107191