A revista científica ChemBioChem seleccionou, como portada interior, un traballo do grupo do CIQUS liderado polos Profesores Eugenio Vázquez e José L. Mascareñas. Esta investigación contou coa colaboración da Profesora Laura Sanchez Piñón (Departamento de Xenética, USC), así como dos investigadores predoutorais Cristina Penas, Mateo I. Sánchez e el posdoutoral Jorge Guerra Varela.
Un dos maiores retos da quimioterapia é a consecución de fármacos selectivos que poidan atacar selectivamente as células tumorais, respetando as células sás. Con ese obxectivo, o grupo de investigación propón unha estratexia consistente en unir esas moléculas a fragmentos que impiden a súa entrada nas células e bloquean a súa actividade.
Os fragmentos desactivantes están unidos mediante un conector sensible á luz, de forma que a irradiación controlada destas especies permite libera-las moléculas bioactivas de maneira precisa, controlando así a súa actividade